Ir ao contido directamente.


Noticias

A Coruña acollerá de novo o festival Sónar en 2011

Xénero: Electrónica | 30 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

Logo da experiencia deste ano Xacobeo, o festival Sónar desdobrarase de novo en dúas sedes en 2011. A Coruña repite, canda a Barcelona, como local deste recoñecido evento de música electrónica. Será nos días 17 e 18 de xuño do vindeiro ano cando o recinto de EXPOCoruña acolla preto de trinta actuacións, que a organización aínda non desvendou. Polo de agora, só se confirma a presenza, tanto en Barcelona como na Cidade Herculina, do trío Magnetic Man.

Iván Ferreiro, Xoel López e Elodio y los Seres Queridos abren unha xira para lanzar novos músicos

Xénero: Pop | 30 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

Entre os cincuentra discos máis vendidos nos últimos dous anos non hai ningún grupo emerxente. E precisamente ese descoñecemento é o que pretende combater Girando por salas (CPS), unha iniciativa que xunta a novas promesas con valores consagrados da música en salas de concertos a baixo prezo (entre 5 e 10 euros). Santiago acolle hoxe o primeiro dos concertos desa particular xira que ten ámbito estatal, con Xoel López e Iván Ferreiro (que revisarán os seus éxistos máis coñecidos) de “padriños” de Elodio y los seres Queridos (Sala Capitol, Santiago, 21:00 horas). Non será o único grupo galego desta iniciativa pola que tamén pasarán Aló Irmao, Delahoja, Quempallou e Triángulo de Amor Bizarro. Todos eles se presentaron ao proceso de selección a través da web cunha comisión formada por representantes das asociacións musiciais que, xunto co Ministerio de Cultura promoveron esta actividade.

Luar na Lubre presenta Solsticio, o seu novo disco

Xénero: Folk | 29 / 11 / 2010 + AUDIO

not_17965.jpg

Dez anos despois da publicación de Plenilunio, Luar na Lubre presenta, o vindeiro 30 de novembro, Solsticio (Warner Music), un disco que o grupo considera que fecha un ciclo. A obra supón un retorno ás orixes acústicas e achega melodías desde a Idade Media ata a actualidade, co que queren "volver a definir Galicia e o seu espírito aberto a través da música". O disco, de quince temas preséntase en directo o vindeiro 2 de decembro en Alcalá de Henares. Entre outros, colaboraron no proxecto Miro Casabella, Nani García, Diana Navarro ou Pat Kilbride. Gravouse nos estudios Bruar. No seu My Space pódense escoitar xa algúns dos temas presentes na obra, como Ven bailar Carmiña e o Romance de Don Gaiferos.

A Orquestra Sinfónica de Galicia dedica a Chaikovski o seu Festiclass

Xénero: Clásica/Lírica | 26 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

Sinfonía Manfred é a peza que compuxo Chaikovski para falar do héroe que vive atormentado por unha misteriosa culpabilidade e que, para intentar atopar a súa tranquilidade, convoca a espíritus e seres fantásticos. Con esta peza a Orquestra Sinfónica de Galicia comeza este sábado unha nova edición do Festiclass, o seu programa para non iniciados na música clásica e cos que pretende combater os típicos de que non se entende e que é cara. Con entradas desde 4 euros, o programa interpretará pezas de Chaikovski, Berlioz ou Roig.

Pesdelán presenta no Culturgal o seu primeiro disco

Xénero: Folk | 26 / 11 / 2010

not_17954.jpg

Este domingo ás 17 horas o Culturgal acollerá a presentación do primeiro disco de Pesdelán, Na punta do pé é o seu título. Trátase dun libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademais coas ilustracións do portugués João Vaz de Carvalho. Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

A Xunta prescinde do Ordo Prophetarum en pleno Ano Santo

Xénero: Antiga | 26 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

Trátase dunha hipotética reconstrucción da procesión dos profetas do Pórtico da Gloria que conta os prolegómenos da chegada do Mesías. O rito, asociado ao Nadal, representase desde o ano 2004. Sen embargo, en pleno Ano Santo, a Xunta acaba de decidir que prescinde da súa celebración. Tal e como publica Galicia Hoxe, o principal motivo desta decisión é “que non hai cartos”.

A falta de apoios leva á suspensión do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

Xénero: Folk | 25 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

A V Edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que estaba prevista para os días 3, 4 e 5 en Compostela, non se celebrará este ano. A Asociación de Gaiteiros Galegos denuncia hoxe no seu web que a falta de apoios da Xunta, logo de diferentes xuntanzas, lles fai imposible continuar a celebración deste evento. A Asociación salienta a importancia que acadara este evento desde a súa celebración e a grande participación en cada unha das edicións celebradas.

A OSG amplía o seu proxecto didáctico cunha orquestra de nenos

Xénero: Clásica/Lírica | 24 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

Violíns, violas, violoncelos e contrabaixos e todos tocados por nenos de entre sete e quince anos. Conformará unha orquestra infantil de corda, estará vencellada á Xove Orquestra da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), e nace co obxectivo de crear unha canteira de instrumentistas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de decembro e dous días despois comezará o seu proceso de selección en Culleredo (17 en Ferrol e 18 na Coruña). A nova formación debutará en Semana Santa de 2011.

Tender pontes Soas

Xénero: Fusión | 24 / 11 / 2010 + AUDIO

not_17931.jpg

Dúas das artistas femininas máis destacadas do ámbito da nosa música tradicional únense nun novo proxecto. O CD Muller supón a presentación de Soas, a iniciativa conxunta de Cristina Pato e Rosa Cedrón. Nas 14 faixas do disco, editado no selo Fol Música de BOA, atopamos unha unión de letras vencelladas á tradición e á poesía do país cunha instrumentación máis achegada á música culta. Pianos, arranxos orquestrais ou violíns acompañan letras como Unha noite na eira do trigo de Curros Enríquez, Pomba dourada de Álvaro Cunqueiro ou mesmo Máis amor, texto de Yolanda Castaño. O disco conta coa colaboración da Bratislava Symphony Orchestra dirixida por David Hernando. As dúas músicas fálannos deste proxecto, que poderemos ver en xira a vindeira primavera, mentres o disco xa está dispoñible nas tendas.

O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore

Xénero: Folk | 24 / 11 / 2010

imaxe non dispoñible

O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro sábado 27 de novembro a entrega dos premios IAR de folclore galego na súa XIX Edición. Desta volta, o galardón foi para o gaiteiro Xabier Blanco, en recoñecemento ao seu traballo na recuperación de instrumentos pobres da nosa tradición e en particular encol da gaita de cana.

<< Inicio / Anterior . 2581 a 2590 de 3580 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR