Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tender pontes Soas

ROSA CEDRóN E CRISTINA PATO FUSIONAN MúSICA CULTA E TRADICIONAL EN SOAS

Tender pontes Soas

FUSIóN | novembro 24, 2010

not_17931.jpg

Dúas das artistas femininas máis destacadas do ámbito da nosa música tradicional únense nun novo proxecto. O CD Muller supón a presentación de Soas, a iniciativa conxunta de Cristina Pato e Rosa Cedrón. Nas 14 faixas do disco, editado no selo Fol Música de BOA, atopamos unha unión de letras vencelladas á tradición e á poesía do país cunha instrumentación máis achegada á música culta. Pianos, arranxos orquestrais ou violíns acompañan letras como Unha noite na eira do trigo de Curros Enríquez, Pomba dourada de Álvaro Cunqueiro ou mesmo Máis amor, texto de Yolanda Castaño. O disco conta coa colaboración da Bratislava Symphony Orchestra dirixida por David Hernando. As dúas músicas fálannos deste proxecto, que poderemos ver en xira a vindeira primavera, mentres o disco xa está dispoñible nas tendas.

VIDEO
Negro Caravel

Precisas o Flash Player para ver o video.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Soedades
AUDIO
Rosa Cedrón e Cristina Pato falan de Soas
datos do disco
Ligazóns