A OSG amplía o seu proxecto didáctico cunha orquestra de nenos
novembro 24, 2010
Violíns, violas, violoncelos e contrabaixos e todos tocados por nenos de entre sete e quince anos. Conformará unha orquestra infantil de corda, estará vencellada á Xove Orquestra da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), e nace co obxectivo de crear unha canteira de instrumentistas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de decembro e dous días despois comezará o seu proceso de selección en Culleredo (17 en Ferrol e 18 na Coruña). A nova formación debutará en Semana Santa de 2011.