Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore

A ENTREGA DA XIX EDICIóN DO GALARDóN CELEBRARASE O VINDEIRO SáBADO NA CORUñA

O gaiteiro Xabier Blanco leva o premio IAR de Folclore

FOLK | novembro 24, 2010

imaxe non dispoñible

O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro sábado 27 de novembro a entrega dos premios IAR de folclore galego na súa XIX Edición. Desta volta, o galardón foi para o gaiteiro Xabier Blanco, en recoñecemento ao seu traballo na recuperación de instrumentos pobres da nosa tradición e en particular encol da gaita de cana.