Noticias
Terbutalina volve coas pilas cargadas con 'Era cabra'
Xénero:
| 3 / 11 / 2023Regresa a formación de Esteiro, Terbutalina, cun novo álbum completo que desde hoxe está dispoñible en plataformas dixitais, "Era cabra" (Dotbeat, 2023). Fai agora 4 anos que a banda presentaba o seu último traballo "Espabila Gallego" (Folc records, 2019) e con este novo traballo presentado hoxe do que xa se foron presentando cancións en avance os Terbutalina culminan un proceso catártico para voltar "máis fortes ca nunca". Neste contexto 'Era cabra' revélase como o regreso á orixe "tras unha revisión dos seus principios máis esenciais e unha etapa de coñecemento e fortalecemento interno", aseguran desde a banda. Este novo elepé está composto por oito temas nos que podemos atopar esa banda punk rock moi aberta a influenzas históricas como o psichobilly e con letras traballadas, retrousos que enganchan e contundencia sonora. O disco foi gravado e producido nos estudios 'A Ponte' por Tomás Axeitos e masterizado por Robin Schmidt nos estudios '24-96' e terá O unha edición física en formato vinilo editado por Folc Records. A banda presentará este novo disco sobre o escenario da Sala Malatesta, en Santiago de Compostela, o vindeiro 8 de decembro.
O festival de Jazz de Lugo comeza este venres a súa XXXIIIª edición
Xénero:
| 2 / 11 / 2023O Festival de Jazz de Lugo, organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, comeza este venres a súa 33ª edición. A veterana cita lucense fará pasar pola cidade a grandes nomes internacionais e artistas destacados de Galicia e o resto do estado, nunha mestura sempre programada desde a excelencia e o bo facer. Ata día 19 o festival ofrecerá ata 24 concertos, que aínda que enmarcados a grandes rasgos no xénero do jazz, ofrecen unha enorme variedade de sons e orixes. O Club Clavicémbalo, o Círculo das Artes e a Casa do Saber serán as sedes das actuacións deste ano.
A raíz na fronteira dos públicos
Xénero:
| 30 / 10 / 2023A revolución que vive nos últimos anos a música de raíz galega está a pór sobre a mesa o potencial dos nosos sons para chegar a novos públicos. O éxito a nivel estatal de Tanxugueiras, a raíz da súa candidatura para representar a España no festival de Eurovisión 2022 marcou un punto de inflexión e cuestiona os límites destes estilos. Continuamos o repaso sobre o panorama galego neste campo a coincidir coa celebración da feira Womex na Coruña e en paralelo á serie de vídeos Crossing Borders do Consello da Cultura Galega.
Satélite Salifre faise co Premio Narf
Xénero:
| 30 / 10 / 2023O Salón Teatro de Santiago acollía este sábado 28 de outubro a gala final do XV Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña. As deliberacións do xurado escolleron como vencedora do certame a banda compostelá Satélite Salifre, que levará o premio de 4.000 euros en metálico ademais de participar en tres festivais de referencia no panorama galego.
O festival Castañazo de Chantada volve tras tres anos desaparecido
Xénero:
| 27 / 10 / 2023Disque foi en Chantada no 1994, na segunda edición do que entón era chamado o Castañazo Rock, onde naceu o termo 'Rock bravú'. Nunha cea coas bandas presentes na cantina de Viana. Dende entón esta é unha cita especial para a o rock en galego e só a pandemia conseguiu parala, ata agora. Tras dunha anterior edición, a 17, que se celebrou en 2019 o evento supera hoxe un parón de tres anos e volve coa súa XVIIIª edición cun lixeiro cambio de denominación quu non afecta á súa liña de programación, como Castañazo, a secas. Hoxe venres comeza e seguirá tamén mañá no mercado gandeiro de Chantada, reunindo unha ducia de artistas que representan a parte da actualidade da música en galego. Fillas de Casandra, Narco, Tremenda Jauria, Lágrimas de Sangre, Rastreros e Grande amore enchen o cartel do venres. O sábado estarán en Chantada Dakidarría, Mafalda, Tropa do Carallo, Sons of Aguirre, Arritmia e Rebeliom do Inframundo. A veterana cita ofrece tamén actividades como os cantos de Taberna e un festival paralelo de música infantil de balde no auditorio municipal.
A AELG entrega os Premios Mestras e Mestres da Memoria
Xénero:
| 25 / 10 / 2023Entre o 26 e o 28 de outubro a Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega está de celebración. O día 27 o Vello Cárcere de Lugo acolle a VIII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, uns galardóns que recoñeceron nesta xeira a Mercedes Vázquez Saavedra e Xan de Vilar. Na véspera, a entidade celebra un Faladoiro en Homenaxe a Dorothé Schubarth e o 28 desenvólvese a XVI Xornada de Literatura de Tradición Oral, dedicada nesta xeira á cuestión "Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción".
Novos espazos sonoros para un legado
Xénero:
| 25 / 10 / 2023Baiuca, o proxecto de música electrónica detrás do que está Alejandro Guillán (Catoira, 1990), é a máis recente representación de música galega na selección oficial internacional do WOMEX (Worldwide Music Expo), o máis importante encontro mundial de música folk e de raíz, que ten lugar na Coruña do 25 ao 29 de outubro. Baiuca foi seleccionado polo xurado profesional internacional da edición deste ano, pero mirando cara atrás, a primeira representación da música galega nesa selección oficial do WOMEX foi a de Mercedes Peón (Oza dos Ríos, 1967) no ano 2010 en Copenhague. Entre estas dúas presenzas podemos trazar unha liña ascendente destes 13 anos na que, sen renunciar á herdanza dos sons tradicionais, a escena musical galega despregou cada vez máis a súa creatividade, cruzando limitacións, transgredindo supostos formais e experimentando con liberdade e intención.
Fecha o centenario obradoiro de gaitas García de Riobó
Xénero:
| 24 / 10 / 2023A xubilación de Joaquín Espiño o vindeiro mes de novembro levará ao feche do obradoiro de gaitas García de Riobó, na Estrada, considerado un dos máis antigos aínda en activo no noso país. A retirada de Espiño rematará cunha saga dedicada á fabricación de instrumentos, fundamentalmente gaitas e requintas, que a familia remonta a 1790.
Caamaño&Ameixeiras mudan o paso con Quitar o aire
Xénero:
| 20 / 10 / 2023Logo do éxito do seu álbum de debut Aire, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras lanzan este 20 de outubro o seu segundo traballo. Quitar o aire, publicado por Raso Estudios, amosa unha exploración de novas sonoridades por parte do grupo en nove temas como A pequena morte, Entrudio, O corpo aberto ou Mortalla morte, mortalla de amor.
Dios Ke Te Crew culminan o ano de 20 aniversario rodeados de amizades musicais
Xénero:
| 18 / 10 / 2023Dios Ke Te Crew, banda emblemática do hip hop galego, porá o vindeiro 2 de decembro o peche á celebración dos vinte anos sobre os escenarios que está facer neste 2023 coa xira 'Tremendos anos 20' e farao por todo o alto cunha xornada que semella un festival. A capital galega acollerá, entre as 19.30 horas e as 5 da madrugada dese día un programa de concertos e actuacións cun cartel homologable ao de calquera festival que inclúe, ademais de aos anfitrións DKTC, a diversos artistas da escena musical galega, compartindo escenario con eles. Así, artistas como Malandrómeda, Grande Amore, Boyanka Kostova, Leo i Arremecághona, Santino, Vituco Neira (Ruxe-Ruxe), Guillerme (Quempallou), Hermano L, High Paw, DJ Mil ou Los Rastreadores (Ortiga e Grande Amore), entre outros moitos nomes acompañará aos DKTC neste aniversario da banda de Ordes que terá como sedes as salas Capitol e Malatesta de Santiago de Compostela.