Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O festival de Jazz de Lugo comeza este venres a súa XXXIIIª edición

ATA O 19 DE NOVEMBRO HABERá 24 CONCERTOS DE FORMACIóNS GALEGAS E INTERNACIONAIS

O festival de Jazz de Lugo comeza este venres a súa XXXIIIª edición

JAZZ/BLUES | novembro 2, 2023

imaxe non dispoñible

O Festival de Jazz de Lugo, organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, comeza este venres a súa 33ª edición. A veterana cita lucense fará pasar pola cidade a grandes nomes internacionais e artistas destacados de Galicia e o resto do estado, nunha mestura sempre programada desde a excelencia e o bo facer. Ata día 19 o festival ofrecerá ata 24 concertos, que aínda que enmarcados a grandes rasgos no xénero do jazz, ofrecen unha enorme variedade de sons e orixes. O Club Clavicémbalo, o Círculo das Artes e a Casa do Saber serán as sedes das actuacións deste ano.

O trío lucense Wealman abrirá o programa e o peche correrá a cargo da Orquestra Jazz De Matosinhos (OJM) o domingo 19 de novembro. Entrambas pasarán polos escenarios do festival diferentes propostas do escenario internacional, como a Mike Stern Band; Emmet Cohen Trío; Shai Maestro Quartet; Camille Thurman & The Darrell Green Quartet; Rembrandt Trío ou os lusos TTSyndicate, entre outros. A representación da escena galega está sempre garantida no Festival de Jazz de Lugo, comezando polo trío de partura, Wealman, e seguindo polo combo formado por Ton Risco & Marcos Teira, o Baldo Martínez Sexteto, Jorge Tojeiro Octeto, Demo Rumudo, o proxecto Límbico ou Amoeba Split.