Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
O Festival de Jazz de Pontevedra cumpre 22 anos
Xénero:
| 14 / 7 / 2014Jazz pola rúa, obradoiros creativos ou jam sessions fan parte do programa do XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra. A Cidade do Lérez acolle entre os vindeiros 21 e 26 de xullo a nova xeira deste recoñecido encontro, que contará coa presenza do jazz contemporáneo de Xan Campos Grupo, a fusión de Richard Bona o blues a cargo de Eric Bibb e o soul de Robin McKelle. Ademais, haberá actuacións a cargo de Grabriel Peso Trío e mais de Marcos Pin Factor E-Reset, e no Pontejazz Workshop participarán 17 dos músicos máis destacados do panorama jazzistíco actual do país.
Víctor Aneiros amósase máis acústico que nunca no seu novo traballo
Xénero:
| 30 / 6 / 2014Versións en acústico dunha selección de temas de tres discos anteriores. Esta é a nova proposta que fai Víctor Aneiros en A soidade pide copas nos bares, o seu último traballo. Editado polo selo vasco Gaztelupeko Hotsak o disco recupera dez temas entre os que se atopa títulos como Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte ou Autor de westerns nos que o son espido da guitarra cobra protagonismo. Aneiros conta no proxecto coa colaboración de Fran Rey ao acordeón neste proxecto. Logo e presentar o disco o pasado venres 27 en San Sadurniño, o guitarrista ten previsto tocar o 17 de xullo no Festival de Blues de Getxo e o 27 no Festival de Jazz e Blues de Ribadeo.
Imaxinasons leva 13 formacións a Vigo no seu décimo aniversario
Xénero:
| 5 / 6 / 2014O festival de jazz de Vigo, Imaxinasons, celebra a súa décima edición por todo o alto. Un total de 13 artistas actuarán na Cidade Olívica entre o o 26 de xuño e o 5 de xullo nun programa que inclúe tamén actividades formativas, encontros cos artistas e propostas paralelas como a exposición Vigo ten swing. Entre os nomes destacados desta edición atópase unha nutrida presenza de artistas europeos como Alfredo Rodríguez, Gilad Hekselman, Riverside Quartet, Pierre Basten, Hugo Carvalhais, Michael Wollny ou Riverside Quartet. A nivel galego, o festival contará coa presenza de Alberto Conde, Lucía Martínez ou Sumrrá.
A fusión co flamenco protagoniza o XVIII Festival de Primavera
Xénero:
| 10 / 4 / 2014O jazz volta a Ourense na XVIII edición do Festival de Primavera. O Café Latino acolle o groso da programación dunha xeira que protagonizan o flamenco e a homenaxe a Paco de Lucía. En total son doce concertos entre o 23 de abril e o 24 de maio, nos que participan artistas como Jorge Pardo, Josemi Carmona, Javier Colina, Chano Domínguez, Diego Amador ou José Ruiz “Bandolero”. Hugo Alves con Eric Alexander e Abe Rábade Renee Rosnes, Jerry González, Tony Miceli, Diego Amador con Llibert Fortuny e Romaní-Mitchell Swing Serenaders son outros dos músicos que participan no evento.
María Toro fusiona jazz e flamento en A contraluz
Xénero:
| 28 / 3 / 2014A frautista coruñesa María Toro, afincada en Nova York, acaba de presentar o seu primeiro traballo. A contraluz, gravado e mesturado entre Nova York, Madrid, Río de Janeiro e Zurich, o volume integra jazz e flamenco e conta con colaboracións como as do pianista Jean Michel Pilc, Justin Brown na batería e Ben Street no baixol Canda a eles, desde o flamenco participan Yelsi Heredia, Israel Varela y Andreas Arnold. Embarcada na xira internacional de presentación, a artista prevé visitar o noso país o vindeiro verán co seu novo traballo.
Pablo Seoane Trío chega desde a Inópia
Xénero:
| 10 / 3 / 2014O Teatro Principal de Santiago acollía, no remate do mes de febreiro a posta de longo do terceiro disco de Pablo Seoane Trío. A veterá formación de jazz presenta en Inópia unha selección de temas nas que afonda na experimentación e xoga coas mesturas. Pablo Seoane ao Piano, L.A.R. Legido na batería e José Manuel Díaz ao contrabaixo amosan o seu bo facer nunha aposta que ten altas doses de improvisación.
Carlos Childe abre o seu estilo en More nights than days
Xénero:
| 28 / 2 / 2014Logo de sete anos, Carlos Childe presenta o seu segundo traballo discográfico. More nights than days explora as possibilidades das voz rasgada do cantante, que se abre do blues clásico a estilos que se achegan ao funk, ao soul e ao son Motown. En total son sete temas de composición propiva que gravou ao ao vivo en só doce horas de estudio. O Club Garufa na Coruña acolle o vindeiro sábado 1 de marzo a presentación do álbum. Childe actuará tamén na Blues Night que celebra a Sala Capitol o 25 de abril.
O VII Ciclo 1906 Jazz trae 23 concertos a Galicia
Xénero:
| 21 / 2 / 2014O festival que promove Estrella Galicia, o Ciclo 1906 Jazz, chega a súa sétima edición cun programa que achegará 23 concertos por todo o país entre marzo e xuño deste ano. Os clubes serán os grandes protagonistas do encontro, que programa cadanseus tres recitais no Jazz Filloa da Coruña, no compostelán Dado Dadá, no Xacaranjazz de Vigo, no lugués Clavicémbalo, no Latino de Ourense e mais no Blabla Café, en Ferrol. Ademais o Teatro Principal de Compostela acollerá tamén tres concertos, e o ciclo fechará cunha Maratón de Jazz Galego na Praza da Quintana o 19 de xuño.
VerSons amosa a versatilidade de Abe Rábade
Xénero:
| 12 / 11 / 2013Once versións de temas do máis variado, desde a tradición galega ata composicións barrocas e temas de jazz. A Carolina, No niño novo do vento ou Four in one son algúns dos temas que Abe Rábade se atreve a reinterpretar en VerSons, o seu novo disco. Desta volta, o pianista acompáñase de Pablo Martín Caminero, ao contrabaixo e de Bruno Pedroso na batería. O disco, coeditado por Nuba e Karonte Records, presentarase o vindeiro 13 de novembro no Círculo de Belas Artes de Madrid e no Teatro Principal de Compostela o 22 de decembro.
Lugo acolle desde hoxe o seu XXIII Festival de Jazz
Xénero:
| 8 / 11 / 2013Desde hoxe e ata o vindeiro 16 de novembro, o Club Clavicémbalo, o Círculo das Artes e a Casa do Saber da Universidade de Santiago acollen os 19 concertos que forman o programa do XXIII Festival de Jazz de Lugo. O programa conta con figuras como Pat Martino, Laika Fatien ou Jerry Bergonzi e unha ampla presenza galega que inclúe a Zas! Trío, Nani García Trío, Rafa Fernández Quinteto ou Sumrrá entre outros.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical