Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Jazz/Blues
Música Jazz/Blues
A crítica internacional louva o último traballo de Sumrrá
Xénero:
| 5 / 1 / 2016O quinto disco do trío Sumrrá, 5 viajes/5 Journeys acaba de ser destacado entre os mellores traballos do ano a nivel internacional. O crítico James Nadal sinala nun artigo para a publicación dixital de referencia All About Jazz a calidade do grupo de Manuel Gutierrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido. O álbum, quinto da formación, achega sete temas con nomes de cidades, Sofía, Paris, Johannesbourg, Braga, Santa Cruz, La Paz e Pretoria. Editado por Clermont Music, gravouse ao vivo en Santiago de Compostela.
Javier Prado aposta polo blues en galego con O cadelo lunático
Xénero:
| 17 / 12 / 2015Javier Prado é coñecido polo seu traballo como voz e guitarra de Moondogs Blues Party. Agora, inicia un proxecto paralelo, O Cadelo Lunático, no que aposta polo blues en galego. Malos Tempos é o seu primeiro álbum, no que Prado conta con Belén Tajes para voz e teclado, Olalla Ferga na batería e María Gómez no baixo. No novo proxecto, que edita Inquedanzas Sonoras, o conxunto aposta por un son máis crú para o seu traballo en comparación co que Prado viña facendo na súa banda. En total son once temas nos que as composicións propias combínanse con poemas de Celso Emilio Ferreiro e de Cristina Corral.
O Festival de Jazz de Lugo cumpre 25 anos
Xénero:
| 29 / 10 / 2015Cun concerto homenaxe aos 15 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade, Lugo celebra o seu XXV Festival de Jazz. Entre o 7 e o 30 de novembro o Pub Clavicémbalo, o Círculo das Artes e mais a Casa do Saber acollen máis de trinta concertos como os de Marcos Pin 4 on SIX, Natalia Vicenta, Rudresh Mahanthappa, Ernie Wattas Quartet, Carmen Souza & Theo Pascal ou Nguyên Lê Quintet entre moitos outros. Recitais didácticos, proxeccións de documentais ou unha exposición fotográfica que percorre o cuarto de século deste evento fan tamén parte do programa.
O Jazz in Galiza Series presenta o seu segundo volume
Xénero:
| 23 / 6 / 2015Unha gravación ao vivo no Teatro Principal de Pontevedra en xullo de 2012 é a base de Jazz in Galiza series volume II. Free Code Jazz Records presenta a segunda entrega desta liña na que se amosa o traballo combinado de creadores galegos deste xénero con músicos foráneos. En concreto, nesta ocasión os oito temas que se presentan da man de Virxilio da Silva, Alberto Vilas, Chus Pazos, Corcoran Holt, Xan Campos, Iago Fernández, Javier Pereiro, Max Gómez, Fernando Sánchez e Rosolino Marinello. O volume marca as cen referencias da discográfica que dirixe Paco Charlín.
O Seminario de Jazz de Pontevedra presenta o seu novo disco
Xénero:
| 11 / 6 / 2015Un doble disco con 24 temas recolle o traballo do 13 Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Trinta e tres músicos amosan o seu bo facer a interpretar dúas ducias de temas que van desde clásicos de Bill Evvnas, Duke Ellington ou Jay Livingston ata composicións de Abe Rábade, Pedro Freijeiro ou Antonio Castillo entre outros. O álbum, que sae editado pola discográfica galega Freecode Jazz Records, gravouse en xuño do pasado ano no Teatro Principal de Pontevedra. Precisamente este espazo acollerá o vindeiro domingo 14 de xuño o concerto fin de curso da décimo cuarta promoción do Seminario.
A presenza galega marca o XI ImaxinaSons
Xénero:
| 2 / 6 / 2015Carlos López Quinteto co proxecto Letters From København, Miguel Lamas Cuarteto, Duology de Marcos Pin e Telmo Fernández e mais a estrea da Orquestra de Jazz de Galicia e do seu primeiro disco. A presenza galega marca a undécima edición fo festival Imaxina Sons, que se celebrará en Vigo entre o 26 de xuño e o 4 de xullo. Canda a estes nomes, destaca a presenza de figuras internacionais como Marc Ribot, Ohad Talmor, María João, L.A.R. Legido, Gil Dionisio ou Eli Gras. No marco do festival celebrarase unha homenaxe aos críticos, recentemente falecidos, homenaxe aos críticos Javier de Cambra e Juan Claudio Cifuentes Cifu. as habituais sesións formativas e
Pablo Vidal Trío debuta con Jazz pagano
Xénero:
| 6 / 5 / 2015O Jazz Filloa acolle ás 10 desta noite a presentación de Jazz pagano o disco co se presenta Pablo Vidal Trío. A formación conta co propio Vidal ao contrabaixo, a quen acompañan Noli Torres na batería e Gabriel Peso a cargo do piano. O álbum, editado por Aldeaglobal sons, achega oito temas dedicados ao mar, e fai parte dunha tetraloxía que o grupo pretende completar no futuro. Canda aos músicos, pódese escoitar a voz de Uxía en O canto da serea e en Alalá das sereas onde se evidencia a intención de traballar nunha fusión entre jazz e tradición galega.
Abe Rábade celebra o Día do Jazz coa Real Filharmonía de Galicia
Xénero:
| 30 / 4 / 2015Programa de altura e orixinalidade esta noite no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Co gallo do Día Internacional do jazz, o trío Abe Rábade ofrecerá un concerto acompañado da Real Filharmonía de Galicia. As formacións interpretarán sinfonías de Aaron Copland e Kurt Weil na primeira parte. Na segunda, os asistentes poderán escoitar as pezas de jazz escritas para a ocasión por Abe Rábade, baixo o título de Tránsitos.
Outro Felipe Villar Trío
Xénero:
| 9 / 3 / 2015Un ano despois de Home, Felipe Villar Trío volta á escena discográfica con Outro. Logo de participar no ciclo Girando por Salas, a formación composta por Felipe Villar á guitarra, Jose Manuel Díaz ao contrabaixo e Max Gómez á batería lanza nove temas nos que a experimentación no jazz combínase con aires melódicos na guitarra de Villar. O volume, editado por Free Code Jazz Records, pódese escoitar en BandCamp e na páxina do músico. A xira de presentación comezou o pasado 4 de marzo no coruñés Jazz Filloa, e continuará por Vigo (17 e 18), e diferentes salas do Estado ata voltar a Compostela o 19 de xuño.
Blues do país presenta Bateas do Mississippi
Xénero:
| 2 / 10 / 2014Transformar temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas. Isto é o que levan xa un tempo a facer por escenarios de todo o país o dúo Blues do país, formado por Pepe King e Bieitta James. Agora, presentan o seu primeiro disco, Bateas do Mississippi, no que se poden atopar revisións de cancións como Sitting on the dock of the bay (Sentadiña no pantalán), I just want to make love to you (Mirarche o cu), Killing me softly (Mátasme amodo) ou Mercedes Benz (Chimpín). Está xa dispoñible na rede o vídeo do tema Non amoles, se chachi!, e o grupo adianta que desenvolverá unha xira de presentación ao longo deste outono.
REPORTAXE
Unha escola de improvisación
Data.O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra tira o seu cuarto disco e consolídase como centro de formación neste estilo musical