Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Los Huéspedes felices apostan polo folk psicodélico no seu novo traballo
Xénero:
| 19 / 12 / 2013A seguir cos ollos postos no pop dos anos 60, o grupo de Fene Los Huéspedes Felices presentan no seu novo traballo unha viraxe de estilo. Las cosas que no vemos, publicado o pasado mes de novembro e dispoñible íntegro na rede amosa un achegamento ao pop-folk inglés desta época con importantes doses de psicodelia. A veterana banda, con máis de dúas décadas de traballo ás costas, aposta polo LP con CD como formato para o novo traballo, con seis temas luminosos por cada cara no que guitarras, harmonías vocais e órgano hammond conforman unha atmósfera retro. O álbum sae á luz da man de Clifford Records e está á venda por catorce euros.
A terra queima integra a narrativa e a música
Xénero:
| 4 / 12 / 2013Edicións Xerais acaba de presentar A terra queima, un libro con CD no que se integra a música e narrativa nunha soa historia. Cancións de Lalo Martínez complementan e achegan información sobre o misterio ao que se enfronta Antón, protagonista da narración. O volume conta con textos de Xurxo Souto e ilustracións de Sesé Barreiro.
Iván Ferreiro continúa a súa carreira co quinto álbum em solitario
Xénero:
| 17 / 9 / 2013Doce novos temas (catorce na edición especial) compoñen o cuarto álbum de estudio de Iván Ferreiro e quinto da súa carreira en solitario. O ex-líder de Los Piratas pon á venda o vindeiro 24 de setembro Val Miñor-Madrid: historia y cronología del mundo e adianta xa dous temas por Internet. El dormilón e Como conocí a vuestra madre son os primeiros singles deste traballo que sae con versións en CD e vinilo e que inclúe unha colaboración con Julieta Venegas. O álbum foi gravado nos estudios Blind Records de Barcelona e amosa o retorno do músico á temática intimista.
O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
Xénero:
| 4 / 7 / 2013Aínda que a cabeza de cartel do Noroeste Pop Rock, o festival que se celebra na praia de Riazor (A Coruña), será o grupo británico Suede. No evento tamén participarán artistas como Kiko Veneno ou Los Enemigos, pero a novidade deste ano será no apartado do concurso musical, ao que están convidados grupos de pop e rock galegos. Tras unha fase de preselección, os grupos preseleccionados deberán actuar o 15 e 16 de xullo na Sala Túnel do Coliseum ante o público (entrada de balde con convite). O xurado valorará en gran medida o directo dos grupos. O Noroeste Pop Rock celebrarase os días 9 e 10 de agosto.
Luz Casal recibe o premio SESAC Latina Icon pola súa carreira
Xénero:
| 20 / 6 / 2013A sociedade de dereitos de compositores latinos, SESAC, concedeu esta noite os seus premios anuais. Este ano os premios incluían dúas novidades: dunha banda, a creación dunha categoría YouTube Performance Award para premiar a importancia de YouTube como unha ferramenta de promoción e o premio Icono (SESAC Latina Icon Award) para destacar no impacto mundial da cultural musical. Este último foi o que recibiu a cantante galega Luz Casal a quen lle recoñecen ter gravado en español en francés, compartir escenario con Sting, U2, coa banda de Paul McCartney ou facer parte da banda sonora Tacóns lonxanos de Pedro Almodóvar, entre outros méritos.
Nicolás Pastoriza presenta Poetas y motocicletas
Xénero:
| 3 / 5 / 2013Sons psicodélicos con aires ás grandes bandas dos anos 60 compoñen o novo traballo de Nicolás Pastoriza. Poetas y motocicletas achega sete temas nunha dupla edición en CD e en Vinilo está xa dispoñible para os interesados. Producido por Iván Ferreiro, que tamén colabora no disco, o álbum está autoeditado e pode escoitarse tamén no seu web de Pastoriza.
Grampoder debuta con Golf Whiskey
Xénero:
| 30 / 4 / 2013Martin Wu e LeRoi, membros de The Homens, voltan á carga mentres deixan descansar este grupo cunha nova formación. Co nome de Grampoder lanzan Golf Whiskey, un álbum con doce temas de "rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores", segundo eles mesmos definen o proxecto. Unha proposta artesá e de pequeno formato coa que o dúo pretende desenvolver concertos privados e para públicos reducidos e que se gravou nos estudios composteláns A Ponte. O volume estará dispoñible a comezos do mes de maio en formato físico da man de Discos da Máquina, e ata entón o grupo está subindo a Bandcamp os temas que o compoñen. O vindeiro día 7 de maio un concerto na Casa das Crechas, en Compostela, servirá de presentación do traballo, e a xira continuará por Cervo o día 10.
Niño y Pistola presentan There's a Man with a Gun Over There
Xénero:
| 5 / 3 / 2013As bandas de folk rock americanas dos anos 60 e 70 inspiran o son de Niño y Pistola en There's a Man with a Gun Over There, o seu cuarto traballo discográfico. Trátase dunha obra conceptual na que narran a historia dun xornaleiro americano que nos anos 50 decide matar o seu xefe e vai á prisión polo seu delito e a súa situación cando sae da cadea. O disco, aínda que conta con dez temas, está pensado como dúas suites de 19 minutos cada unha (Cara A e Cara B) que se escoitan sen interrupcións. A gravación realizouse nos estudios composteláns A Ponte, de Tomás Ageitos, e pode escoitarse íntegro en plataformas como Soundcloud, mentrs o CD chega hoxe ás tendas.
Yül volta con Buenas noches y buena suerte
Xénero:
| 1 / 3 / 2013Logo de dez anos de silencio musical, Julio Béjar Yül volta ás tendas, desta volta en solitario con Buenas noches y buena suerte, con nove temas de "pop rock de toda a vida" segundo sinala o artista e unha pista de bonus. O disco, xa dispoñible nas tendas, gravouse entre os estudos Estudios Bonham e Paz & Records, e no mesmo Yül conta con colaboracións como a de Miguel Costas. A estrea será esta noite cun concerto no Playa Club da Coruña, onde Béjar estará a acompañado Jose Bonham, Pocho Taxes, Kiko Reimúndez e Manuel R. Subi.
Luz Casal recibe un Grammy Latino honorífico á súa carreira
Xénero:
| 12 / 11 / 2012Las Vegas acolle o vindeiro día 14 a cerimonia de entrega dos XIII premios Grammy Latinos. Na mesma, estará presente a cantante galega Luz Casal, que foi galardoada nesta edición cun dos Premios á Excelencia Musical da Academia Latina da Grabación, un galardón honorífico que recoñece "artistas que realizaron contribucións creativas de excepcional importancia artística no campo da grabación durante as súas carreiras". A páxina dos galardóns apunta que a intérprete galega é "unha figura icónica no rock e na música pop en español".
REPORTAXE
Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos