Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Luz Casal recibe un Grammy Latino honorífico á súa carreira

A CANTANTE GALEGA RECOLLERá O GALARDóN NUNHA CERIMONIA QUE SE CELEBRA O DíA 14

Luz Casal recibe un Grammy Latino honorífico á súa carreira

POP | novembro 12, 2012

imaxe non dispoñible

Las Vegas acolle o vindeiro día 14 a cerimonia de entrega dos XIII premios Grammy Latinos. Na mesma, estará presente a cantante galega Luz Casal, que foi galardoada nesta edición cun dos Premios á Excelencia Musical da Academia Latina da Grabación, un galardón honorífico que recoñece "artistas que realizaron contribucións creativas de excepcional importancia artística no campo da grabación durante as súas carreiras". A páxina dos galardóns apunta que a intérprete galega é "unha figura icónica no rock e na música pop en español".