Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Los Huéspedes felices apostan polo folk psicodélico no seu novo traballo
Los Huéspedes felices apostan polo folk psicodélico no seu novo traballo
decembro 19, 2013
A seguir cos ollos postos no pop dos anos 60, o grupo de Fene Los Huéspedes Felices presentan no seu novo traballo unha viraxe de estilo. Las cosas que no vemos, publicado o pasado mes de novembro e dispoñible íntegro na rede amosa un achegamento ao pop-folk inglés desta época con importantes doses de psicodelia. A veterana banda, con máis de dúas décadas de traballo ás costas, aposta polo LP con CD como formato para o novo traballo, con seis temas luminosos por cada cara no que guitarras, harmonías vocais e órgano hammond conforman unha atmósfera retro. O álbum sae á luz da man de Clifford Records e está á venda por catorce euros.