Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
O Noroeste Pop Rock recupera o directo para escoller aos grupos participantes
xullo 4, 2013
Aínda que a cabeza de cartel do Noroeste Pop Rock, o festival que se celebra na praia de Riazor (A Coruña), será o grupo británico Suede. No evento tamén participarán artistas como Kiko Veneno ou Los Enemigos, pero a novidade deste ano será no apartado do concurso musical, ao que están convidados grupos de pop e rock galegos. Tras unha fase de preselección, os grupos preseleccionados deberán actuar o 15 e 16 de xullo na Sala Túnel do Coliseum ante o público (entrada de balde con convite). O xurado valorará en gran medida o directo dos grupos. O Noroeste Pop Rock celebrarase os días 9 e 10 de agosto.