Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Nadadora presentan o seu terceiro disco Luz, oscuridad, luz
Xénero: VIDEO
| 23 / 9 / 2010 +A formación grovense Nadadora ven de sacar ao mercado o que é o seu terceiro traballo de longa duración Luz, oscuridad, luz co que poden asentar a súa presenza no panorama do pop indie nacional. Para este disco a banda comeza unha nova etapa da man do selo pontevedrés Ernie Records tras os anteriores traballos con Jabalina. O álbum gravouse nos estudios Abrigueiro de Lugo baixo a produción do coñecido Fino Oyonarte (Super 8, Los Planetas) e coa colaboración de Arturo Vaquero. Once temas forman esta nova oferta discográfica que xa está a venda tamén en formato vinilo e no que a banda mantense esencialmente fiel ao seu estilo sen renunciar a dar un paso de madurez e experiencia.
Dous discos inaugurarán o selo discográfico Matapadre
Xénero:
| 23 / 8 / 2010Alex Mera, Iago Martínez e Cuco Pino, ou o que é o mesmo, o colectivo Oruga están a traballar nun novo traballo fiel á súa fusión de pop e electrónica. Un disco que estreará o novo selo discográfico, Matapadre, vencellado á produtora Work on Sunday. Canda o traballo dos pontearáns, o do grupo Disco Las Palmeras! abre este novo selo que, como aseguran no seu web de Myspace, “estilisticamente está aberto está aberto a calquera cousa de vaia do pop ao rock e as novas tendencias”. Os traballos editaranse para o vindeiro outono.
Proyecto Kournikova faise co premio Mans Futuro Pop&Rock 2010
Xénero:
| 28 / 7 / 2010O premio Mans Futuro Pop&Rock 2010, ten xa gañadores. Os coruñeses Proyecto Kournikova gravarán no estudios Mans ao longo do mes de agosto un disco do que se editarán 500 exemplares. O certema, co que a Fundación Paideia eos estudios Mans, en colaboraciçonn coa Fnac e a plataforma Xpressionk!! queren apoiar os novos grupos do país, contou coa participación de 11 bandas.
Víctor Coyote presenta Joven de cuello vuelto
Xénero:
| 6 / 7 / 2010É un novo single que presentou na minixira galega de xuño. O tudense Víctor Coyote, residente na actualidade en Madrid, presenta o seu novo single, Joven de cuello vuelto, que inclúe serigrafías deste artista versátil. O novo disco pódese escoitar no MySpace de Víctor Coyote.
O Concello da Coruña recolle as propostas da plataforma "Salvemos o Noroeste PopRock"
Xénero:
| 22 / 6 / 2010Finalmente haberá Noroeste PopRock. A reivindicación popular canalizada a través das redes sociais obrigou ao concello da Coruña a cambiar de opinión e organizar este encontro. Será os días 4 e 5 de agosto e cada un deles contará coa actuación de tres grupos. Ademais destes, haberá catro bandas que serán elexidas por concurso público a través dunha votación na rede. Entre as principais novidades organizativas destaca que o Concello da Coruña recolle así as propostas feitas pola plataforma Salvemos o Noroeste PopRock para evitar que este ano non se fixese por falta de orzamento.
Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre
Xénero: VIDEO
| 19 / 5 / 2010 +O vigués Iván Ferreiro pon esta semana nas tendas o seu novo disco Picnic Extraterrestre (Warner Music, 2010), o seu terceiro disco de estudio en solitario. O disco, que contén 12 temas, leva cancións compostas por el e como xa é habitual polo seu irmán Amaro Ferreiro, así como por Pablo Novoa. Fiel ao seu recoñecible estilo Ferreiro ofrécenos o seu pop melancólico e intimista, comezando pola canción que se usa de promoción do álbum Farenheit 451, que non defraudará aos seus seguidores e cuxo vídeo, dirixido por Daniel Etura, tampouco ha deixalos sen unha certa dose do desasosego habitual do que é bandeira Iván Ferreiro. Como xa é tamén marca do artista moitos dos temas poden escoitarse a través da súa web e é previsible que vaia deixando alí todas as cancións así como as súas letras.
REPORTAXE
Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos