Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello da Coruña recolle as propostas da plataforma "Salvemos o Noroeste PopRock"
O Concello da Coruña recolle as propostas da plataforma "Salvemos o Noroeste PopRock"
xuño 22, 2010
Finalmente haberá Noroeste PopRock. A reivindicación popular canalizada a través das redes sociais obrigou ao concello da Coruña a cambiar de opinión e organizar este encontro. Será os días 4 e 5 de agosto e cada un deles contará coa actuación de tres grupos. Ademais destes, haberá catro bandas que serán elexidas por concurso público a través dunha votación na rede. Entre as principais novidades organizativas destaca que o Concello da Coruña recolle así as propostas feitas pola plataforma Salvemos o Noroeste PopRock para evitar que este ano non se fixese por falta de orzamento.