Iván Ferreiro saca o seu terceiro disco Picnic extraterrestre
maio 19, 2010
O vigués Iván Ferreiro pon esta semana nas tendas o seu novo disco Picnic Extraterrestre (Warner Music, 2010), o seu terceiro disco de estudio en solitario. O disco, que contén 12 temas, leva cancións compostas por el e como xa é habitual polo seu irmán Amaro Ferreiro, así como por Pablo Novoa. Fiel ao seu recoñecible estilo Ferreiro ofrécenos o seu pop melancólico e intimista, comezando pola canción que se usa de promoción do álbum Farenheit 451, que non defraudará aos seus seguidores e cuxo vídeo, dirixido por Daniel Etura, tampouco ha deixalos sen unha certa dose do desasosego habitual do que é bandeira Iván Ferreiro. Como xa é tamén marca do artista moitos dos temas poden escoitarse a través da súa web e é previsible que vaia deixando alí todas as cancións así como as súas letras.
Tamén che pode interesar:
- 24/ 8/ 2018 | Iván Ferreiro versionará a Golpes Bajos no seu novo disco
- 28/ 10/ 2016 | Iván Ferreiro convídanos á súa Casa
- 28/ 4/ 2016 | Amaro Ferreiro preséntase en solitario con Biólogo
- 3/ 5/ 2013 | Nicolás Pastoriza presenta Poetas y motocicletas
- 28/ 10/ 2011 | Iván Ferreiro lanza con éxito Confesiones de un artista de mierda