Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
A Central Folque crea un repositorio de obras sobre música tardicional
Xénero:
| 18 / 1 / 2012A La Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba, de Ramom Pinheiro e mais A Sanfona de Brocos, de José Luís do Pico son os dous primeiros títulos de Folque Commons. Este proxecto nace como un repositorio para investigacións encol da música tradicional da man de A Central Folque. Todos os traballos estarán dispoñibles para a libre descarga con licenza Copyleft, e está previsto no futuro facilitar servizos de edición á carta en papel dos contidos.
Chega o debut discográfico do cuarteto O Chupacabras
Xénero:
| 17 / 1 / 2012Hai xa dous anos que o cuarteto O Chupacabras gravaba, no teatro Pastor Díaz de Lugo os temas do que sería o seu primeiro disco. Agora, finalmente ve a luz Tradiphonias unha selección de dez temas gravados en falso directo na que a formación experimenta achegando os instrumentos tradicionais a ritmos pouco convencionais e versionando de xeito persoal temas clásicos da nosa música. Totalmente autoproducido, o traballo está xa dispoñible nas tendas.
SÓS de Mercedes Peón está entre os mellores discos de raíz de 2011
Xénero:
| 4 / 1 / 2012Críticos de música de 23 países de todo o continente europeo seleccionaron o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor de 2011. Así figura o traballo da galega na prestixiosa lista World Music Charts Europe, que xa recoñecera esta obra outorgándolle o seu primeiro posto durante dous meses consecutivos deste ano. Na mesma listaxe, Meu canto de Uxía ocupa o posto número 40. No comezo deste ano, Galicia renova a súa representación nesta escolma internacional coa entrada de Doa e a súa A fronda dos cervos no número vinte deste mes de xaneiro.
A Real Banda de Gaitas celebra 25 anos cun CD e DVD
Xénero:
| 28 / 12 / 2011A celebrar 25 anos da súa existencia, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense acaba de publicar Éxitos no mundo, un CD e DVD no que recolle unha selección de 30 temas. No mesmo pódense escoitar versións de melodías populares dos países que a formación visitou ao longo deste tempo, con cancións chinesas como Mo Li Hua, a exipcia Abd Al WahhÂ, Cantares de España, God Bless America ou a tonada australiana Waltzing Mathilda entre moitas outras. Canda a isto, a obra recolle melodías galegas e no DVD poden verse diferentes actuacións da formación desde os seus comezos. A obra está editada por Inquedanzas Sonoras e sae á venda por 16.95 euros.
Xacarandaina leva o premio IAR de Folclore
Xénero:
| 12 / 12 / 2011O Grupo de Bailes Populares IAR celebrou o pasado sábado na Coruña a súa gala folclórica, na que entregou o XX Premio IAR de Folclore Galego. O colectivo Xacarandaina foi o gañador desta edición, e viu recoñecido o seu traballo a prol da recuperación de pezas musicais da tradición popular. Os responsables do galardón sinalaron o amplo repertorio que logrou este colectivo ou a súa estensa colección de traxes populares, así como o traballo de formación e difusión da música de raíz.
Leilía pura
Xénero:
| 5 / 12 / 2011Xa está nas rúas o agardado novo disco de Leilía. Logo de seis anos de silencio o grupo de pandeireteiras volta con Consentimento (Fol Música), un álbum no que continúan a recuperación de melodías tradicionais que lles caracteriza pero no que a música queda máis espida que en anteriores traballos. O pasado xoves 1 de decembro presentaban o traballo na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela e facíano cun pequeno recital que agora che presentamos.
Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival
Xénero:
| 2 / 12 / 2011O público do Folkherbst Festival que se celebrou a finais do pasado mes de outubro en Alemaña, escolleu os galegos Anxo Lorenzo Trío como mellor grupo da última edición. O grupo deste gaiteiro actuou no evento o pasado 29 de outubro, conseguindo unha grande aceptación dos afeccionados no que é a principal cita de música folk en Alemaña. Nas votacións, os galegos impuxéronse á formación irlandesa Nua Caladh e aos checos Bezobratri. No próximo mes de xaneiro a banda voltará a este país para recibir o premio e ofertar un novo concerto en Plauen. O premio do xurado do festival foi para premio do xurado foi para os franceses Pad Prapad.
Os Premios Opinión de folk mudan as súas categorías para XI edición
Xénero:
| 1 / 12 / 2011A XI Edición dos prestixiosos Premios Opinión de Música Folk chega con novidades. Segundo anuncia hoxe o xornal La Opinión, os gañadores dos mesmos coñeceranse no transcurso da propia gala dos premios, e con anterioridade farase público un listado de catro finalistas para cada categoría. Tamén muda para tres o número de categorías do galardóns, mantendo o recoñecemento ao mellor disco folk galego do ano, engadindo o premio ao mellor disco orixinal e ao artista máis salientable. Tamén se manterá o Premio Opinión Andaina Senlleira toda unha traxectoria, que se dará a coñecer previamente á gala de entrega.
Vaamonde, Lamas e Romero presentan O tambor de prata
Xénero:
| 18 / 11 / 2011O tambor de prata. Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives é o título do segundo álbum que lanza o trio Vaamonde, Lamas & Romero da man de Do Fol. O proxecto comprende un CD con temas inspirador polo grupo dos Trintas, que desenvolveron a súa actividade musical a comezos do século XX, así como un DVD cunha actuación ao vivo de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero canda a Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera desta cidade. O vindeiro 4 de decembro o grupo fará un miniconcerto no marco do Culturgal en Pontevedra, e o 13 do mesmo mes será a presentación oficial no Salón Teatro de Santiago.
Unha vida en clave de folk
Xénero:
| 14 / 11 / 2011O pulso da terra é o título da biografía que do coñecido grupo folk Berrogüetto acaba de editar Galaxia. Para alén dun libro que repasa, da man de Fernando Neira, os quince anos de traxectoria do conxunto, a obra inclúe un CD e un DVD que recollen o concerto que deu a banda en Compostela o pasado mes de novembro de 2010.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos