Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Alvariza debuta con Once badaladas

O GRUPO AMOSA FOLK CON RITMO E APEGADO á TRADICIóN NO SEU PRIMEIRO TRABALLO

Alvariza debuta con Once badaladas

FOLK | outubro 30, 2012

alvariza_once_badaladas.jpg

Logo de once anos xuntos, o grupo Alvariza acaba de publicar Once badaladas un disco no que interpretan outros tantos temas. Temas tradicionais reinterpretados con instrumentos como o acordeón, a gaita, o clarinete ou o saxo mestúranse con composicións propias dos membros do grupo, mantendo un estilo rítmico e festeiro que inclúe boleros, ritmos ou jotas. Entre outros temas, atopamos pezas rescatadas de grupos como os Padernes, o s Monfortinos ou os irmáns Lamas. O disco pode escoitarse en Spotify ou mercarse en iTunes, ademais de estar dispoñible en locais nos locais composteláns A Bulideira (San Lázaro), A Grileira (Sar) e Decotío (Fonte Sequelo).

datos do disco