Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Luar na Lubre celebra os seus 25 anos cun recompilatorio

SONS DA LUBRE NAS NOITES DE LUAR ACHEGA 3 CD E CONTIDOS MULTIMEDIA

Luar na Lubre celebra os seus 25 anos cun recompilatorio

FOLK | novembro 8, 2012

luar_sons_da_lubre.jpg

Corenta e cinco cancións. Un CD con temas instrumentais, outro cos grandes éxitos do grupo, un terceiro de dúos e mais un DVD cunha actuación ao vivo en Compostela e sete videoclips. Estes son os contidos de Sons da Lubre nas noites de luar, a caixa coa que Luar na Lubre celebra os seus vinte e cinco anos no mundo da música. Entre as voces que participan nas novas versións de temas do grupo, atopamos nomes coma Lila Downs, Luz Casal, Ismael Serrano, Adriana Valera, Pat Kilbride, Pedro Guerra ou Diana Navarro. O grupo presentaba onte no Teatro Principal de Compostela este traballo, que se poderá ver ao vivo en Lugo o vindeiro 14 de decembro e en Ourense o 16.

datos do disco