O VIOLINO DE COURTIER CELEBRARASE ENTRE O 9 E O 11 DE NOVEMBRO
Trives acollerá o primeiro encontro dedicado ao violino popular
outubro 22, 2012
Co título O Violino de Courtier vaise celebrar en Trives, entre os vindeiros 9 e 11 de novembro, o primeiro encontro dedicado á presenza e a técnica deste instrumento na música tradicional galega. Unha sesión didáctica para centros educativos, un foro de debate e un curso de formación a cargo de Pancho Álvarez compoñen o programa do evento. A cita complétase con tres concertos a cargo de Talabarte, Comisa Bal e o propio Pancho Álvarez.