Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os irmandiños de Vincios debutan con Monte Galiñeiro

O DISCO MESTURA TEMAS TRADICIONAIS CON COMPOSICIóNS PROPIAS

Os irmandiños de Vincios debutan con Monte Galiñeiro

FOLK | novembro 12, 2012

monte_galinheiro_irmandinhos_vincios.jpg

Logo de cinco anos de traballo na música de raíz, o grupo Os Irmandiños de Vincios acaba de publicar Monte Galiñeiro, o seu primeiro álbum. Cun son no que buscan ecos do das murgas tradicionais, o grupo está composto por oito membros que engaden a instrumentos como a gaita ou o tamboril, saxo, clarinete e acordeón. En total presentan 16 temas, entre tradicionais e propios, interpretados cun xeito que quere lembrar os grupos galegos dos anos 30. A vindeira cita para os interesados en coñecer este traballo será o 17 de novembro no Centro Cultural de Vincios. Con posterioridade, o grupo estará tamén presente no Culturgal.

MULTIMEDIA
Monte galiñeiro íntegro en Spotify
DOCUMENTO
datos do disco