Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Cantautor
Música Cantautor
O Santi Autor 2017 ofrecerá máis de trinta concertos de canción de autor
Xénero:
| 23 / 1 / 2017O ciclo de concertos en Compostela dedicado a intérpretes denominados cantautores, o Santiautor, ven de presentar o cartel da súa edición deste ano. O programa ofrecerá en tres meses 32 concertos entre xoves e domingos, case todos na Sala Sónar, impulsora do evento, pero tamén haberá algúns deles que se celebrarán en recintos máis espazosos ou con outras características. Así o Auditorio de Galicia acollerá dous concertos, tres na Sala Capitol e catro deles terán lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela mentres que os restantes 23 serán na Sala Sónar. A segoviana Rebeca Jiménez abrira a edición deste ano o 3 de marzo na sala Sonar e Fredi Leis pechará o ciclo o 20 de maio na Sala Capitol. Entremedias pasarán por algún dos catro escenarios as actuación de xente tan coñecida como Rosana, Javi maneiro, Sonia Lebedynski, Guadi Galego, Javier Ruibal, Rozalén, Xosé Constenla, Rosa Cedrón, Cora Sayers, Ysied ou Helena Goch entre outros.
Fernando Tato presenta Aún más animal en mi
Xénero:
| 21 / 10 / 2016Un ano despois de presentar El animal en mí, o cantautor e actor naronés Fernando Tato volve á carga e reedita aquel primeiro álbum. Aún más animal en mi completa os temas daquel debut a achegar demos, directos, vídeos, material inédito e o documental do concerto que deu o artista o pasado mes de marzo na compostelá Sala Capitol. O álbum está marcado por cancións sobre o amor e o desencontro, e sae como o anterior da man do selo Granja Beat. Logo do lanzamento da edición física este 21 de outubro, a partir do vindeiro 24 estará dispoñible o álbum na versión dixital.
Héctor Lorenzo musica a Raúl Gómez Pato
Xénero:
| 15 / 9 / 2016Un libro de dezasete poemas para os lectores e as lectoras máis novas. Esta é a proposta de Cousas de papá, o libro de Raúl Gómez Pato que xa se pode atopar nas librarías da man edicións xerais. Segunso explica a presentación do volume "é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía". Para alén dos versos, o volume achega moito máis, xa que os textos están arroupados polas ilustracións de Blanca Barrio, e dez dos dezasete foron musicados por Héctor Lorenzo e conta con colaboracións de Ana Domínguez Senlle, Lucia da Fonte, Manolo Carballo, Paulo Silva, Sérgio Tannus, Quim Farinha e Uxía.
Arturo Rodríguez é Indomable
Xénero:
| 14 / 7 / 2016O músico Arturo Rodríguez faino todo. Voz, guitarra, bombo, harmónica e pandeireta compoñen o seu arsenal en Indomable, un proxecto unipersoal co que acaba de presentar o seu primeiro traballo. Incondicional e imperfecto achega oito temas de aires indie-folk acústico con ambientes naturais gravados e arranxos de piano da man de Sergio Delgado. Neste novo proxecto o creador afástase das súas experiencias en xéneros como a electrónica e do seu traballo como parte de El Cuerpo del Ritmo para se centrar en temas íntimos e melódicos, que gravou nos estudios Bruar da Coruña. Logo de presentar o disco no Playa Club da Coruña a finais do pasado mes de xuño, a xira está prevista a partir do vindeiro mes de setembro con paradas en Pontevedra, Laxe, Ferrol, Ourense, Vigo ou Baiona.
Xosé Constenla fai unha Virada por avante
Xénero:
| 22 / 2 / 2016A Casa das Crechas, en Santiago, acolle este venres 26 o concerto de presentación do novo disco de Xosé Constenla. O cantautor compostelán lanza Virada por avante, unha colección de once novas cancións nas que o artista asegura fai un xiro cara ao son folk-rock americano. O álbum, autoeditado baixo o selo Setestrelo, foi producido por Fredi Marugán e masterizado nos Staterooms Studios por Oscar Herrador. A xira continuará o 27 de febreiro por Ourense e o 12 de marzo cun grande recital no Salón Teatro de Compostela
Santiautor bate marcas na súa sétima edición
Xénero:
| 17 / 2 / 2016A sétima edición do Santiautor, o ciclo que cada ano se lle dedica á canción de autor e Compostela, bate marcas. En total, o programa do evento inclúe 25 conciertos, nos cales participarán 16 artistas galegos, entre o 4 de marzo e o 14 de maio. A Sala Sónar, o Auditorio La Salle, o Teatro Principal, o Salón Teatro e a Sala Capitol son espazos confirmados para esta xeira, que inclúe nomes recoñecidos como Guadi Galego, La Bien Querida, Ismael Serrano, Marwan, El Kanka, Nastasia Zürcher, Amaro Ferreiro ou Tom Trovador e Silvia Penide entre outros.
Bea a de Estrella debuta en Mar de fóra
Xénero:
| 4 / 2 / 2016Once cancións en galego e en castelán sérvenlle de presentación a Bea a de Estrella. A cantautora de Culleredo autoedita Mar de fóra un proxecto no que integra sons cubanos, toques de blues e de jazz e achegamentos ao pop con letras líricas e persoais. A artista achégase tamén á experimentación sonora con toques folk no recitado de O Mar, e o volume achega parte das súas vendas á Asociación Galega de Afectad@s e Familiares de Acondroplasia, á que tamén está dedicado o tema Mi punto de vista. A xira de presentación, que comezou o pasado mes de decembro, non ten aínda datas confirmadas para os vindeiros meses.
Roger de Flor estrea Apelón en Ferrol
Xénero:
| 8 / 1 / 2016Cancións en galego, castelán italiano e inglés compoñen o novo traballo do cantautor fenés Roger de Flor. Apelón toma o seu nome da rúa de Mugardos onde viviu o músico e achega unha selección de temas propios combinados con adaptación de temas alleos. Así, De Flor transforma The Wind de Cat Stevens en A néboa, ou o Dirty Old Town de Ewan Mckoll en Ferrol Vello. O álbum autoeditado preséntase este sábado 9 de xaneiro no Centro Cultural Torrente Ballester, nun concerto que contará con colaboracións como as de Álvaro Lamas, Cabe García, Javier Polo, Sergio Galego ou Eugenia Sanmartín e no que se repasarán, canda aos temas desde álbum, clásicos do autor. A entrada custa seis euros e inclúe unha copia do disco. De Flor continuará a partir de febreiro a xira de presentación do traballo.
Sofía Espiñeira debuta con Alá onde agroman as herbas
Xénero:
| 4 / 1 / 2016Meses despois de se facer cos premios do público e do xurado no II Certame de Canción de Autor en Galego Concello de Teo, Sofía Espiñeira acaba de lanzar o seu primeiro álbum. Alá onde agroman as herbas achega nove temas nos que a autora integra influencias da música tardicional e transcende a perspectiva máis canónica da música de cantautor. A Arca da Noe, en Vilar de Santos, acollerá o vindeiro 12 de febreiro a próxima cita da artista.
Emilio Rúa lanza Querida alegría
Xénero:
| 29 / 12 / 2015O sexto disco de Emilio Rúa xestouse moi rapidamente. Mentres está a preparar un álbum de duetos para o que conta con destacadas figuras da canción estatal, o cantautor ourensán artellou Querida alegría, un disco financiado vía crowdfunding que presenta este trinta de decembro no Liceo de Ourense. O traballo mestura versións e temas orixinais con colaboracións como as de Daniel Minimalia, Kepa Junquera, Carlos Blanco, Xestreu ou Queixumes dos Pinos.