Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Roger de Flor estrea Apelón en Ferrol

O CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER ACOLLE A PRESENTACIóN ESTE SáBADO 9

Roger de Flor estrea Apelón en Ferrol

CANTAUTOR | xaneiro 8, 2016

apelon_roger_de_flor.jpg

Cancións en galego, castelán italiano e inglés compoñen o novo traballo do cantautor fenés Roger de Flor. Apelón toma o seu nome da rúa de Mugardos onde viviu o músico e achega unha selección de temas propios combinados con adaptación de temas alleos. Así, De Flor transforma The Wind de Cat Stevens en A néboa, ou o Dirty Old Town de Ewan Mckoll en Ferrol Vello. O álbum autoeditado preséntase este sábado 9 de xaneiro no Centro Cultural Torrente Ballester, nun concerto que contará con colaboracións como as de Álvaro Lamas, Cabe García, Javier Polo, Sergio Galego ou Eugenia Sanmartín e no que se repasarán, canda aos temas desde álbum, clásicos do autor. A entrada custa seis euros e inclúe unha copia do disco. De Flor continuará a partir de febreiro a xira de presentación do traballo.



datos do disco