Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Sés publica hoxe o novo álbum 'Diante un eco'

A ARTISTA PRESENTARá EN CONCERTO O SEU OITAVO TRABALLO ESTE MES DE DECEMBRO

Sés publica hoxe o novo álbum 'Diante un eco'

CANTAUTOR | novembro 25, 2022

imaxe non dispoñible

Xa pode escoitarse en plataformas dixitais o novo traballo de María Xosé Silvar 'Sés' do que xa se adiantará algún tema como "Cantan as balas". 'Diante un eco' é o título deste oitavo álbum da artista, que ofrece unha ducia de temas fieis no concepto ás súas características máis definitorias, actitude combativa, letras comprometidas e críticas, con perspectiva feminista e política e cunha forza que non admite filtros. De feito, neste novo disco a contundencia faise máis eléctrica e roqueira do habitual en moitos dos temas, incluíndo o de adianto ou o que dá nome ao álbum. O título do disco fai referencia á concepción cíclica da historia, que a autora ve presente na deriva sociopolítica actual. Ademais seguindo esa liña o traballo preséntase como unha volta da cantautora aos seus inicios, desde o oficio dunha carreira de once anos e a madurez.

Na comunicación que acompaña este traballo a artista afirma que 'Diante un eco' constitúe unha reafirmación na estética popular da que a cantora considérase amante e debedora. Nos doce temas que conforman este disco, atopamos sons caribeños e latinoamericanos, rock, músicas de raíz e outros estilos propios da canción de autor. En compañía da súa banda Sés presentará este novo repertorio en concerto desde este mes de decembro en varios escenarios xa confirmados en Galicia. A Coruña será primeira presentación en público, o vindeiro día 10 de decembro no Pazo da Ópera; seguirá o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela o día 17. Xa en xaneiros de 2023 este 'dante dun eco' chegará a Lugo, Ourense e Vigo. En case todos os casos serán grandes espazos con butacas os lugares elixidos para o comezo invernal desta xira.

datos do disco
Ligazóns