Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Hip-Hop
Música Hip-Hop
Dios Ke Te Crew saca a rúa o seu agardado segundo disco Humanose
Xénero:
| 20 / 7 / 2011Desde hoxe está a venda o novo disco da formación ordense de hip-hop Dios Ke Te Crew. Humanose está editado por Boa Music, a discográfica máis importante do hip hop da península e que está dirixida polo galego Fernando Luaces. Este é o seu segundo traballo despois do autoeditado Xénese en 2006 do que chegaron a vender máis de 7000 copias. O colectivo, un dos máximos expoñentes do rap en galego desde os seus inicios en 2003, segue a manter en Humanose a súa actitude contestataria e crítica nas rimas, politicamente incorrecta e chea de aceda retranca. O grupo quere ofrecer no novo disco unha mellora na calidade da súa música: non só as bases e os textos dos 13 temas enganchan á primeira, ademais non aforraron en medios, sirva coma mostra a masterización en Masterdisk (NYC) por Tony Dawsey (Nas, Jay-Z, Redman, Gangstarr, Das EFX...). Tamén o formato físico do CD busca sorprender deseñado por dous recoñecidos artistas do street art: Liqen e Sekone, trátase dun dixipack de 3 corpos que inclúe un póster 36x36cm e un libreto con información.
Os ourensáns 96ers levan o Premio Hip Hop ao mellor grupo independente
Xénero:
| 14 / 12 / 2010Os Premios Hip Hop, considerados uns dos máis importantes neste estilo no país, contan cun grupo galego no seu palmarés deste ano. O grupo 96ers, do barrio do Couto, en Ourense, foron votados como mellor grupo independente do ano. O conxunto que leva dous anos en marcha, recibirá o seu galardón na gala que se celebrará o vindeiro 8 de xaneiro.
Azou inicia a súa xira
Xénero:
| 18 / 11 / 2010O proxecto de Ouvirmos e Control Z, o grupo Azou, é xa unha realidade. Unha serie de cástings seleccionaron os compoñentes do que é o primeiro grupo galego creado de xeito específico da man dunha iniciativa empresarial. Con algunhas modificacións, o proxecto inicia a súa xira o vindeiro día 19 no Grove, no seo do programa Bocaberta de dinamización lingüística. Actuacións en directo con cancións e coreografías, acompañados dun obradoiro de hip hop compoñen as citas. José Manuel Aldea, de Ouvirmos, explícanos como se concretou o proxecto.
O Microfest chega á súa oitava edición
Xénero:
| 4 / 11 / 2010Tres sesións de concertos os días 13, 26 e 27 de novembro compoñen a oitava edición do Micofest, o festival de referencia do hip-hop e da cultura urbana en Galicia. Tote King, Cookin´Soul e Swan Fyahwboy encabezan o cartel, que inclúe grupos como Shelar&Erin ou Seis Senseis. Ademais El Chojin impartirá un obradoiro de rimas o sábado 27.
¿A música tradicional do futuro?
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 2 / 6 / 2010 +Conseguir un estilo con identidade propia, pero cun pé no hip hop e outro na música tradicional galega. Este é a aposta que está a facer o coñecido rapeiro vigués El Puto Coke a través de Licor Kafé Producións. Un ambicioso proxecto que está en marcha e que amosará os seus resultados de cara á fin do verán.
REPORTAXE
Na base do hip hop
Data.O colectivo Dios Ke Te Crew reúne todas as artes vencelladas ao hip hop nun proxecto único en Galicia