Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / García MC lanza o seu primeiro longa duración

ARQUIPéLAGO QUILOMBO ACHEGA DEZ TEMAS QUE MESTURAN RITMOS DO MUNDO E RAP

García MC lanza o seu primeiro longa duración

HIP-HOP | xaneiro 21, 2022

Garcia-MC-Arquipelago-Quilombo.jpg

Flamante, unha colaboración con Natasia Zürchers, é o primeiro single do álbum de debut de García MC. Logo de varios EPs o veterano rapeiro lanza o LP Arquipélago Quilombo, dez temas nos que segue a liña da súa formación Nación Quilombo e aposta pola mestura de ritmos do mundo coa palabra como eixo.

O álbum achega temas diversos, desde cancións centradas nos ritmos, a gravcións ao vivo coa banda, remixes e mesturas de estilos gravados con diferentes produtores e en distintos estudos. Para este proxecto, o cantante contou con colaboracións como as de Cynthia Montaño, Nastasia Zürcher ou High Paw.



datos do disco