Ti estás aquí > Inicio / / Os ourensáns 96ers levan o Premio Hip Hop ao mellor grupo independente
Os ourensáns 96ers levan o Premio Hip Hop ao mellor grupo independente
decembro 14, 2010
Os Premios Hip Hop, considerados uns dos máis importantes neste estilo no país, contan cun grupo galego no seu palmarés deste ano. O grupo 96ers, do barrio do Couto, en Ourense, foron votados como mellor grupo independente do ano. O conxunto que leva dous anos en marcha, recibirá o seu galardón na gala que se celebrará o vindeiro 8 de xaneiro.