Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Rock
Música Rock
Los Eternos xa pasean o seu novo disco "Sonora"
Xénero:
| 29 / 10 / 2021A banda de Cedeira, Los Eternos, ven de sacar o seu terceiro traballo longo, "Sonora" (Milana Música / Ferror Records), unha nova incursión nas sonoridades da música americana, tras daquel "Vientos Solitarios" (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019) co que regresaban tras un longo silencio de 9 anos. Nesta ocasión a formación ofrecen un disco máis sofisticado e rico en matices, avanzando na súa aposta, que transita desde o pop ao country, nunha evocación de paisaxes típicas do son "western".
Cita co rock galego para o outono na Estrada
Xénero:
| 29 / 9 / 2021Un novo festival ven de sumarse ao circuíto galego destes eventos e faino deslocalizándose temporal e xeograficamente , colocándose no calendario de outono escaso destes eventos, centrándose no rock de artistas e bandas galegas e ademais convocando desde a Galicia interior, na Estrada, unha localidade que xa tivo algúns intentos previos de organizar este tipo de evento, sen resultado ata agora. A primeira edición do festival Son dos arrieiros da Estrada, organizada desde a produtora Dotbeat! ofrece un programa que se desenvolverá na Fundación de Exposicións e Congresos desta localidade pontevedresa na fin de semana do 29 e 30 de outubro. A proposta de O son dos arrieiros, ideada como un festival de mediano formato e cunha capacidade fixada inicialmente nunhas 550 persoas, está fundamentada no rock, dentro do que abrangue moi diferentes estilos, ademais de ter en conta a perspectiva de xénero con bandas integramente femininas como Bala e Agoraphobia e a sesión de Señora DJ, quen picará música feita, cantada e tocada por mulleres. O cartel. Xa presentado, inclúe tamén nomes como Novedades Carminha, Heredeiros da Crus e Terbutalina.
A Sala Karma reabre este sábado para os concertos
Xénero:
| 25 / 8 / 2021Tras 552 días pechados o emblemático local de Pontevedra Sala Karma volverá este sábado á actividade cultural que lle é propia: os concertos. O espazo situado na rúa Marqués de Riestra da capital provincial acollerá dúas bandas cos seus directos a partires das 22 horas: Thee Blind Crows e mascada. As condicións para esta volta á actividade tras máis de ano e medio pechados inclúen unha capacidade de público do 50 por cento (80 persoas) e ademais a obrigatoriedade da asistencia sentados e con máscara en todo momento, pero aínda así a volta á actividade é un fito que sabe a reinauguración. O responsable da sala, Marcos Rivas, declarou ao dixital Pontevedra Viva que o festival Surfing The Lerez, do que é organizador, non se levará xa a cabo este ano e terá que agardar ata o vindeiro 2022 para ver unha nova edición.
Un documental a falta de un festival
Xénero:
| 11 / 8 / 2021Desde 1991 que leva celebrándose en Cambre ( A Coruña) o festival 'Rock in Cambre? Pero este ano, ao igual que o pasado, a traxectoria desta cita musical queda cortada por mor das circunstancias sanitarias. Con todo desde a organización e o Concello non quixeron deixar pasar a efeméride do 30 aniveersario aínda que non haxa edición e para manter viva ademáis a presenza, así como para homenaxear a todos os artistas e público que pasaron polo evento, así como para os propios vecinos de Cambre, presentaron unha peza audiovisual documental: 'Rockambreiros. Historia dun pobo rockeiro'. A historia dunha cita esencial contada por algún dos seus protagonistas e seguidores. Nonito Pereira, Julián Hernández, Pulpiño Viascón ou Tomi Legido son algún dos que participan nesta peza que está xa subida nas redes do festival.
Ruxe-Ruxe ten moito que expor
Xénero:
| 5 / 8 / 2021A banda de rock bravú Ruxe-Ruxe cumpre 25 anos de actividade ininterrompida neste 2021 facendo música en galego. O festexo está a tomar varias formas, desde un traballo discográfico de homenaxe ata esta exposición que xa está aberta na Zona C de Santiago. O espazo recentemente recuperado polo Concello para a cultura na Praza de Cervantes acolle a mostra "Ruxe Ruxe (1996-2021): 25 anos de universo gráfico", unha ollada aos deseños que vestiron e acompañaron a andaina musical desta banda.
O Resurrection revive xa este agosto
Xénero:
| 3 / 8 / 2021Cos abonos esgotados para a vindeira edición en 2022 do festival de rock duro Resurrection Fest, a organización do festival ven de presentar un evento en formato reducido para este agosto. O Resurrection Fest Estrella Galicia Limited 2021 presenta tres días de concertos en Viveiro entre o 26 e o 28 de agosto e inclúe a proposta, tan escasa nestes momentos, de ter bandas da escena internacional no cartel. Ademais no cartel inclúense grupos españoles e destacadas formacións galegas coma Bala, Aphonnic ou True Mountains.
Pauliña re-volta co seu terceiro disco 'Testemuñas'
Xénero:
| 2 / 6 / 2021Pouco máis de tres anos despois da presentación do seu primeiro traballo longo De-xeneración( Xonix records, 2018) o nome de Pauliña xa é un elemento de primeira orde na música en galego. A de Cambados ven de presentar fai uns días en concerto o que xa é o seu terceiro álbum Testemuñas, con apenas un ano de separación do anterior A Malfalada(2020), todos eles publicados baixo o selo Xonix records, de Bandeira (Silleda). O novo disco é unha nova mostra da versatilidade de Paula Chaves para transitar por diversos rexistros sonoros que van de novo desde o ská ata o rock, o swing ou eses blues electrizantes nos que se lle ve tan cómoda como ese Remordementos cuxo vídeo, asinado por Xaime Miranda servíu de presentación do novo disco.
Bala presentan o seu novo álbum 'Maleza'
Xénero:
| 31 / 5 / 2021Case cinco anos separan este Maleza (Century Media Records, 2021) do segundo traballo de Violeta Mosquera (batería e voces) e Anxela Baltar (guitarra e voces) naquel auténtico bombazo recoñecido pola crítica que foi Lume(Matapadre, 2017). Nada perderon e moito gañaron as Bala neste tempo. Polo pronto o apoio dun selo internacional como o alemán Century Media, especializado na música Metal e con artistas coma Angelus Apatrida ou Arch Enemy no seu catálogo. Gañan tamén engadindo o galego ao seu repertorio de letras, con ese magnífico Rituais, do que xa sacaron vídeo de presentación. Ademais gañan cun nivel de produción sonora de enorme calidade e cheo de detalles que fan dos nove temas de Maleza unha experiencia de viaxe ao máis escuro recuncho do corazón da besta desde ese trmendo Agitar de apertura.
Tonhito de Poi reivindica a súa personalidade salvaxe en 'In-dios'
Xénero:
| 26 / 5 / 2021Tonhito de Poi (Castiñeiras, 1969) volve sacar inspiración musical das súas experiencias selváticas e ven de presentar o seu terceiro traballo en solitario: In-dios (Autoeditado, 2021). Se das anteriores dúas viaxes a Amazonía xurdiron os traballos O soro da verdade(2013) e Non hai onde esconderse (2019) o ribeirán volveu ás selvas do Amazonas fai dous anos e trouxo unha reivindicación de si mesmo coma parte da comunidade india mundial que desemboca nos temas que foron gravados en estudio para este novo álbum. In- dios xa está dispoñible nas plataformas dixitais.
'Grande Amore' presenta álbum debut homónimo
Xénero:
| 21 / 5 / 2021Hoxe é o día de presentación oficial do álbum íntegro de debut de Grande Amore, nome artístico de Nuno García Pico para a súa proposta musical persoal máis alá de formar parte do grupo Oh! Ayatolah. O do Valadouro puxo título homónimo a este primeiro traballo no que reúne as cancións que xa leva un tempo presentando con outras a maiores ata completar os nove cortes do disco editado por Ernie Records. Nove cancións de calado post-punk, electrónicas e industriais que se sitúan conscientemente no rock underground e que que consegue darlle unha volta nova desde unha perspectiva moi persoal a unha postura musical e narrativa herdeira directa dalgunhas das propostas máis alternativas dos oitenta.
novidades discográficas
Xabral
Ruxe Ruxe
O círculo das formigas
Os John Deeres
Malkeda
Malkeda
XX
Dakidarría
Rematou o simulacro
Loita Amada
REPORTAXE
Campamento Compostela
Data.Os Concertos do Novo do Milenio atraeron a Compostela milleiros de afeccionados à música