Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Pop
Música Pop
Isius é máis banda no seu segundo traballo 'Fox &Castle'
Xénero:
| 19 / 6 / 2020Fox & Castle (Ernie Records, 2020) é o segundo exercicio discográfico do grupo vigués Isius, tan só un ano despois de Songs from Everywhere (Ernie Records, 2019). A diferencia daquel debut, moi baseado arredor de José Viqueira e Nuria Moreu como dúo, neste novo traballo asistimos a unha creación máis grupal, no que o conxunto de músicos que os acompañaban nos directos son agora parte do grupo e no que cada un vai achegando a súa riqueza creativa a un repertorio que dá un resultado máis variado pero coherente no conxunto do disco. Carlos Gil, Roberto Cibeira, Alberto Iglesias, Edu Romero e o propio Viqueira son agora Isius. Nove temas cantados en inglés conforman este álbum, tres de Gil e o resto de Viqueira, no que os ISIUS poñen de manifesto as súas sinaturas sonoras: unha clara herdanza do rock alternativo de autor más melódico (ao fío de Nada Surf, Death Cab for Cutie, Built to Spill ou Silversun Pickups), pero que tamén ten claras achegas ao folk-pop ao estilo dos desaparecidos Niño y Pistola, que tamén estaban baixo o selo de Ernie Records, con melodías pop máis universais. Temas como o potente On your bike e o melancólico Come on over serviron de adianto deste disco no que ademais Viquera asina unha sentida canción, 71m Under, dedicada ao pequeno Julen, o neno falecido tras caer nun pozo en Totalán. Fox & Castle, que consigue unas elegantes texturas sonoras e un acabado de calidade, foi gravado, producido y mesturado por Carlos Gil, guitarrista da banda, no local de ISIUS, e masterizado por John Davis en Metropoli Studios de Londres.
Monoulious DOP presenta o seu Black Album cun concerto en Compostela
Xénero:
| 13 / 2 / 2020Catorce novos temas compoñen Black Album o novo lanzamento do dúo Monoulious DOP, cancións de ton festivo e humorístico que ironizan sobre os máis diversos aspectos da nosa sociedade. Os selfies, a hipocrisía, as redes sociais ou o Tinder non escapan da crítica desenfadada do grupo. Desta volta, os ritmos funk, o pop e mesmo toques disco (Millenial) substitúen os sons máis roqueiros do seu anterior traballo. A banda presenta este sábado 15 o seu último traballo cun recital na Sala Capitol ás 21 horas. Os estudios Bungalow acolleron a gravación do disco, para o que o grupo desenvolveu un crowdfunding co que recadaron 6.800 euros.
Guadi Galego mergúllase de cheo na liberdade musical con 'Immersión'
Xénero:
| 25 / 10 / 2019A estas alturas a ninguén pode sorprender que as propostas de Guadi Galego veñan desmontar prexuízos musicais. Desde que deixou Berrogüetto Galego amosouse disposta a gozar en liberdade da súa relación coa música máis alá do folk, sen excluílo, explorando todos os rexistros que a súa inspiración solicitase. Así o demostrou tanto nos seus proxectos compartidos como Nordestinas ou aCadaCanto como nos seus tres álbums en solitario Benzón (Músicas de salitre, 2009), Lúas de Outubro e Agosto (Boa Música, 2014) e O mundo está parado (Boa Música, 2016), disco este último co que ademais se aventurou nunha xira curta pero ambiciosa na súa proposta que fixo chegar a súa música a outras comunidades autónomas. O novo traballo Immersión (Altafonte, 2019) presentado en formato libro_CD e cuns poucos vinilos, ten moitas conexións co anterior e con todo o que esa xira representou de apertura a outras sensibilidades pero tamén hai temas da súa anterior discografía reinterpretados ou case reconstruídos. O resultado é unha construción musical chea de diversidade, moi persoal e clara e, polo tanto, perfecta en si mesma, que transita con naturalidade e sensibilidade entre as diversas linguas peninsulares que están presentes no disco do mesmo xeito que o fai entre o pop, o jazz, a canción de autor e o folk.
Comeza a rodaxe dunha película baseada na vida de Juan Pardo
Xénero:
| 14 / 5 / 2019Hoxe comeza en Sevilla gravación dun filme dacabalo entre o documental e a ficción que contará a vida do músico Juan Pardo. Pardo foi unha das figuras claves do inicio do pop en España nos anos sesenta e setenta, con grupos como Los Pekenikes, Los Brincos ou en dúo co outro músico Junior (Juan & Junior). Galego de adopción, compuxo temas para Xil Ríos ou Andrés do Barro e del parten algúns temas en galego que entraron directamente como éxitos estatais nos anos setenta. O actor ourensán Rubén Riós encarnará ao artista na parte da recreación ficticia da súa vida. O proxecto producido por Magnetika films para TVG e Canal Sur conta no elenco artístico tamén con Desiré Pillado, Alfonso Agra, Jorge Usón e Anmi Lamar entre outros. E na parte documental aparecerán as achegas testemuñais de Lucía Pérez, Nonito Pereira, Lys Pardo, Karina, Luz Casal, Maria Teresa Campos, Lucía Bosé, Paloma San Basilio e outros moitos.
Maryland presentan o seu cuarto disco 'Resplandor'
Xénero:
| 22 / 4 / 2019A banda viguesa Maryland está a presentar os temas do seu cuarto disco longo, Resplandor (Subterfuge, 2018). Despois de tres disco editados co selo galego Ernie o grupo ficah agora polo selo indpendente madrileño Subterfuge, un referente da esena independente española no que tamén editan bandas como Corizonas, Cycle ou Viva Suecia entre outros. Dez anos despois dos seus inicios musicais e con máis de 250 concertos ás costas Maryland volve apostar por cantar en castelán igual que no seu anterior traballo Los Años Muertos (Ernie, 2013) tras dous primeiros discos cantados en inglés. Dez temas de power pop de guitarra, enerxético e mantendo a frescura malia a condición veterana da banda. O disco, que sae en CD e en vinilo, está producido por eles mesmos e foi gravado por Pancho Suarez de Lis nos Estudios Planta Sonica II de Vigo e mesturado por Santi García nos Estudios Ultramarinos de Sant Feliu de Guixols. As letras falan de continuidade e do paso do tempo, normal dado o longo período de cinco anos pasados tras o anterior traballo. A banda está actualmente formada por catro compoñentes: os irmáns Rubén e Pablo Castelo Moure, Alex Penido (ex- The Blows, ex-Igloo, etc) e Erick Puccioni Gerke. Tras presentar en concerto en La Fábrica de Chocolate da súa cidade agora a banda iniciará unha xira de concertos.
Alba Messa estréase na longa duración Con todas las consecuencias
Xénero:
| 17 / 4 / 2019Bases electrónicas, produción coidada e letras moi persoais compoñen Con todas las consecuencias, primeiro álbum da cantante luguesa Alba Messa. A autora corre coa composición dos once temas dun disco autoeditado no que aborda temas como o amor, a relación cos animais ou a vida en xeral. Manu Chalud, Sasha Pantchenko ou Josh Tampico participan como produtores neste proxecto, do que acaba de ver a luz o primeiro vídeo, Será Será. Messa comezaba a pasada fin de semana en Lugo a xira de presentación, con datas confirmadas en Zaragoza, Valencia e Madrid para o vindeiros meses.
Os Amigos do Músicos presentan o disco 'Segundo fogar'
Xénero:
| 15 / 4 / 2019Os Amigos dos Músicos achan novo fogar nun novo disco. Case tres anos despois do seu disco de debut (Os Amigos dos Músicos, Gran Derby Records 2016) a banda ourensá presenta estes días tanto en plataformas dixitais como en tendas o novo traballo Segundo fogar (Todomedre,2019). A banda que conseguiu facerse un oco na escena pop do país entrando en numerosos carteis de festivais e conseguindo o Premio Martín Códax en 2017 na categoría POP/Indie aumenta a súa aposta por un son máis folk, aínda que mantendo bases do pop, en galego e apegado á terra e a tradición as través dos dez temas que conforman este traballo. O disco do sexteto (Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo, Álvaro A. Rivera.) preséntase ao igual que o primeiro como un traballo de gran coherencia sonora e virtuosismo instrumental, no que as composicións corren a cargo de varios dos seus seis compoñentes. Nunha delas, Bicarelo, ademais tiran para a letra dun poema do poeta Uxío Novoneyra. O primeiro concerto onde o grupo defenderá en directo Segundo fogar será en Lugo, o 18 de maio dentro do programa do FaCeLa fest.
Familia Caamagno presentan o seu novo disco 'Había que intentalo'
Xénero:
| 12 / 4 / 2019Como xa ocorrera co seu anterior traballo discográfico, os sigüeiráns Familia Caamagno elixiron a Sala Capitol de Santiago para a presentación do seu novo traballo Había que intentalo (Folc Records). Estes sábado 13 de abril a banda convocará aos seus fieis e celebrar a ocasión oficialmente, acompañados ademais por outra banda da corda, os Oh Ayatollah!. A banda de power pop en galego mantén a súa liña sonora bailable, divertida e chea de enerxía e a súas letras contemporáneas apegadas ao territorio e á vida real. O novo álbum, que xa está nas plataformas dixitais, está formado por oito cancións e máis un bonus track, cos que achegan novos himnos, coma Castromil, O peor non son os cartos ou Un día espectacular. Dialogando cos seus discos anteriores, continuístas no rock & roll de inspiración 60’s pero cun afán renovador: Tabernas e rotondas, Cocogualla e Proceso Soberanista. O novo traballo, o terceiro disco editado pola banda, está gravado entre os días 2 e 7 de febreiro nos estudios Circo Perrotti de Xixón. Ao igual que os dous anteriores está producido, mesturado e masterizado por Jorge Explosión, agás o corte Canción Moderna de Occidente, que está producido, gravado e mesturado por Hevi no Laboratorio Soyuz e masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters (Berlín) en maio de 2018.
Chega o álbum máis 'Ultralixeiro' de Novedades Carminha
Xénero:
| 18 / 2 / 2019Se do anterior traballo de Novedades Carminha (Campeones del mundo, 2016) xa se podía falar dunha aposta pola lixeireza e a música bailable, a banda compostelá afonda agora nesta liña festeira e xa vai de fronte co nome do seu quinto disco: Ultraligero (Ernie Records, 2019). Atrás quedaron aquelas posturas punk dos seus dous primeiros discos editados co selo Lixo Urbano e agora Novedades abraza o pop de xeito desprexuizado e aberto. Melodías bailables que certamente lles abriron a porta dos festivais e lles proporcionan cheos en moitos dos seus concertos, mesmo en recintos de aforo considerable así como recoñecemento por parte da crítica independente, grazas tamén ás súas letras sempre ácidas ("blandito por dentro y chulito por fuera", cantan), iso segue a ser marca da casa. Ultraligero preséntase cos seus once temas como "un devocionario pop" e unha recompilación de “hits” na que podemos escoitar cancións que o grupo xa foi incorporando aos seus concertos e ten presentado en xeito de videoclip nos pasados dous anos, como Te quiero igual coa colaboración nas voces de Alba Galocha, Verbena, Ya no te veo con Dellafuente, ou a versión de A Santiago voy, para a que contaron con Esteban & Manuel.
Dardos lanza a Xoana no panorama musical galego
Xénero:
| 7 / 2 / 2019Con só vinte anos Xoana presenta o seu primeiro álbum en solitario. Inquedanzas Sonoras lanza Dardos, un disco con dez temas en galego no que a reivindicación se mestura con ritmos de jazz, funk ou soul e aires pop. Segundo explica a cantante do Porriño o álbum "xurdiu como unha proposta que axude a proporcionarlle á nosa lingua uns aires renovados que demostren a súa capacidade de desenvolverse en calquera eido e de tratar todo tipo de temáticas". As cancións "terman dunha mensaxe social e expresan queixas directas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos". Geneve escorts Violencia de xénero, emigración, a lingua, a amizade ou o amor preséntase como algunhas das temáticas dos cortes.
REPORTAXE
Disco con etiqueta
Data.O vinte de maio o público e un xurado escollerán o Primeiro disco pop do ano de solistas galegos