Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Isius é máis banda no seu segundo traballo 'Fox &Castle'

O NOVO áLBUM DOS VIGUESES MóVESE NUN POP-ROCK MELANCóLICO DE AUTOR DE GRAN ACABADO SONORO

Isius é máis banda no seu segundo traballo 'Fox &Castle'

POP | xuño 19, 2020

ISIUS_FOXCASTLE.jpeg

Fox & Castle (Ernie Records, 2020) é o segundo exercicio discográfico do grupo vigués Isius, tan só un ano despois de Songs from Everywhere (Ernie Records, 2019). A diferencia daquel debut, moi baseado arredor de José Viqueira e Nuria Moreu como dúo, neste novo traballo asistimos a unha creación máis grupal, no que o conxunto de músicos que os acompañaban nos directos son agora parte do grupo e no que cada un vai achegando a súa riqueza creativa a un repertorio que dá un resultado máis variado pero coherente no conxunto do disco. Carlos Gil, Roberto Cibeira, Alberto Iglesias, Edu Romero e o propio Viqueira son agora Isius. Nove temas cantados en inglés conforman este álbum, tres de Gil e o resto de Viqueira, no que os ISIUS poñen de manifesto as súas sinaturas sonoras: unha clara herdanza do rock alternativo de autor más melódico (ao fío de Nada Surf, Death Cab for Cutie, Built to Spill ou Silversun Pickups), pero que tamén ten claras achegas ao folk-pop ao estilo dos desaparecidos Niño y Pistola, que tamén estaban baixo o selo de Ernie Records, con melodías pop máis universais. Temas como o potente On your bike e o melancólico Come on over serviron de adianto deste disco no que ademais Viquera asina unha sentida canción, 71m Under, dedicada ao pequeno Julen, o neno falecido tras caer nun pozo en Totalán. Fox & Castle, que consigue unas elegantes texturas sonoras e un acabado de calidade, foi gravado, producido y mesturado por Carlos Gil, guitarrista da banda, no local de ISIUS, e masterizado por John Davis en Metropoli Studios de Londres.

datos do disco