Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Folk
Música Folk
2019 será 'O ano de Galicia' no Festival Intercéltico de Lorient
Xénero:
| 9 / 8 / 2018Galicia será a nación convidada de honra á vindeira edición do Festival Intercéltico de Lorient o que suporá un protagonismo especial para a nosa comunidade nesta histórico encontro da cultura celta. Así o confirmou hoxe a propia organización do evento, que presentou nunha conferencia de prensa o cartel promocional da cita para o 2019, no que se fai referencia á 49ª edición como “O ano de Galicia”. A pasada semana o director da Agadic, Jacobo Sutil, desprazouse a Lorient para avanzar xunto coa organización do festival nesta posibilidade, que supón o máximo protagonismo para a nosa comunidade neste histórico encontro da cultura celta, así como unha importante visibilidade para a delegación galega que viaxe ao festival. Con 48 anos de historia, o Festival Intercéltico de Lorient reúne en cada edición máis de 4.500 artistas de Bretaña, Escocia, Gales (país convidado este ano), Cornualles, Illa de Man e Irlanda, así como de Galicia e Asturias, ademais duns 120.000 espectadores con entrada e 750.000 visitantes na localidade. A 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient celebrarase na localidade bretoa entre o 2 e o 11 de agosto de 2019.
Uxía, Romaní e Lorenzo encabezan a galeguidade musical do Interceltique de Lorient
Xénero:
| 1 / 8 / 2018O festival folk máis importante do mundo, o Interceltique da vila frnacesa de Lorient na Bretaña, comezará este vindeiro día 3 de agosto cunha importante presenza de artistas de Galicia encabezada por Uxía, Rodrigo Romaní e Anxo Lorenzo. Con 48 anos de existencia o festival bretón congrega durante os seus dez días a máis de 4.500 artistas, chegando a haber 120.000 espectadores de pago e 750.000 visitantes, o que dá a medida da súa importancia no mundo da música de raíz. Nesta edición dedicada ao País de Gales, a presenza galega é numerosa e destacada, chegando a todos os escenarios do festival con arredor de 130 músicos e bailadores en total, co que acada un dos seus grandes anos na vila bretoa.
O XIV Zona da Zanfona amplía o seu programa
Xénero:
| 28 / 6 / 2018Coas prazas esgotadas chega a Rianxo, os vindeiros 6,7 e 8 de xullo, a XIV edición de Zona da Zanfona. O encontro de zanfonistas conta este ano co sueco Johannes Geworkian Hellman que ofrecerá un concerto solista e un curso para especialistas. Canda a el, Óscar Fernández impartirá o curso de iniciación, e como novidades o programa incluirá un de improvisación oral con Alba María e Benito Lobariñas e outro de bailes do mundo con Mercedes Prieto e Sergio Cobos.
As cantigas de Elena recupera as cancións dunha anciá de Toutón
Xénero:
| 13 / 6 / 2018María Vidal, Pichi Abollado e Pipo Alvariño asinan As cantigas de elena, un álbum que naceu coa intención de salvar do esquecemento o amplo repertorio que tiña na memoria Elena Alonso Pino, muller de Toutón e avoa de Alvariño. Co espírito de recrear as veladas familiares nas que se mesturaban voz, acordeón e guitarra, o trío gravou ao vivo dez temas en PKO Estudios (Boadilla del Monte) aos que se suman cinco gravacións orixinais de Elena, protagonista do álbum.
Tanxugueiras comeza a xira de presentación do seu primeiro disco
Xénero:
| 4 / 6 / 2018A Sala Capitol de Santiago acollía onte, tres de xuño, o concerto de presentación de Tanxugueiras, o disco de debut do trío homónimo. Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro metéronse no estudio de gravación logo de dous anos de traballo nos que se deron a coñecer a través das redes e coas súas colaboracións con músicos como Xabier Díaz ou A banda das Crechas. Agora, presentan da man de Inquedanzas Sonoras unha selección de doce temas nos que a percusión e a voz collen todo o protagonismo, con arranxos coidados que conectan a tradición con sons de alén do Atlántico.
A Orquestra Folk Sondeseu presenta o seu quinto disco 'Beiralúa'
Xénero:
| 16 / 5 / 2018Este vindeiro sábado o Auditorio Municipal de Cangas acollerá o concerto de presentación de Beiralúa quinto disco da orquestra folk SondeSeu. En Beiralúa(Fundación Sondeseu) sobresaíntes compositores e músicos galegos, xunto con voces representativas do panorama actual se xuntan aos mestres e compoñentes da orquestra para danzar baixo a luz da lúa unha coreografía simbólica de unión en torno a un proxecto que os trouxo dende as ondas daquel inicial Mar de Vigo (Fol Música, 2003) ata o máis recente Danzas brancas (Do Fol, 2013. Deste xeito entres os dezaoito temas que ofrece este novo traballo hai pezas encargadas pola orquestra a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas entreveranse con cancións presentes xa no imaxinario colectivo, clásicos como Ahi ven o Maio ou Campanas de Bastabales, interpretadas por grandes voces como Rosa Cedrón ou o Orfeón Treixadura e a colaboración de Susana Seivane, rematando cunha composición de Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade dedicada á Illa de San Martiño que pon de manifesto as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa creada hai dezasete anos no seo da actual Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a ETRAD, e está consolidada xa como a gran Orquestra Folk de Galicia. A seguinte presentación en directo tras cangas será en Santiago de Compostela o vindeiro 22 de xuño.
Luar na Lubre presenta o seu novo disco 'Ribeira Sacra'
Xénero:
| 9 / 5 / 2018Luar na Lubre presentou o seu novo traballo musical como a "banda sonora" da Ribeira Sacra, unha produción na que colabora a Deputación de Ourense e que foi gravada o outono pasado no mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), conxugando natureza, tradición e etnografía, e incorporando por primeira vez nunha composición musical o idioma do afiador, o barallete.
Música para María Victoria Moreno
Xénero:
| 4 / 5 / 2018A Illa de Arousa acolle este 5 de maio a estrea de Ao latexo das letras, a homenaxe poético-musical a María Victoria Moreno que parte de Óscar Ibáñez. O gaiteira e mais a súa banda Tribo colaboran coa poeta Tamara Andrés nun espectáculo no que os sons tradicionais se mesturan co recitado de textos da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. A xira continuará o vindeiro día 13 por Melide, o 16 na Estrada, o día 18 poderá verse en Lisboa e o 19 en Ponte da Lima. A xira conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Unha macrofoliada celebrará no Gaiás o BIC da danza tradicional
Xénero:
| 27 / 4 / 2018A celebrar a incoación onte do expediente para declarar ben de interese cultural de carácter inmaterial o baile tradicional galego, a Consellaría de Cultura acaba de anunciar un grande evento dedicado á cultura popular. Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular reunirá na Cidade da Cultura máis de corenta espectáculos de folclore galego entre os días 8 e 10 de xuño vindeiros. Segundo anuncia o departamento da Xunta, o Gaiás acollerá un programa cun milleiro de artistas coordinado por Quique Peón no que participarán nomes como Davide Salvado, Uxía, Budiño, Leilía ou Susana Seivane entre moitos outros.
Treixadura volta con Inda canto!
Xénero:
| 18 / 4 / 2018Cun concerto en Vigo presentaba Treixadura o pasado 13 de abril o seu sétimo álbum. Inda canto! achega doce novos temas nos que o grupo se reinvnta sempre a partir da súa base de instrumentos e canto tradicional. Entre as cancións o grupo achega unha versión da coñecida O Carro e outra dedicada da Mingos Lorenzo, compoñente do Orfeón recentemente falecido. Como novidade, o grupo incorpora a voz de Anxo Xesteira. A xira de presentación do álbum continuará cun novo concerto en Noia o 22 de abril.
REPORTAXE
Aprender das cantigas
Data.Antón Castro aproveita a nosa música tradicional para ensinar solfexo aos seus alumnos