Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
O Caimán do Río Tea volta cun recompilatorio
Xénero:
| 2 / 5 / 2014Catorce hits remasterizados nos estudos de Javier Abreu compoñen Estou na lavadora o disco co que o grupo O Caimán do Río Tea volta para celebrar os vinte anos do seu nacemento. Éxitos como que dá nome ao disco ou Ven a bailar, coñecidos a través do Xabarín Club fan parte deste traballo e recolle temas dos discos que gravaron entre 1995 e 1998. Un concerto-festa en Ponteareas, vila natal do grupo, serviu o pasado día 26 para celebrar o lanzamento.
Brañas Folk baila nas Burgas
Xénero:
| 30 / 4 / 2014O vindeiro sábado 3 de maio os Xardíns Padre Feijoo de Ourense acollerán o concerto de presentación de Danza das Burgas. O grupo Brañas Folk dá a coñecer na vila natal o seu novo disco logo de cinco anos. Doce temas de corte tradicional, instrumentais e cantados, nos que se apreza a riqueza sonora dun conxunto formado por oito membros e que conta con múltiples colaboracións de renome. Gaitas, whistle, zanfonas, arpas, violíns, acordeóns, piano, guitarra, baixo ou batería son algúns dos instrumentos cos que se interpretan temas como Xota de Ourense, Millo verde ou Pasodobre de Ventosela.
2naFronteira musican a Díaz Castro no seu novo traballo
Xénero:
| 28 / 4 / 2014O dúo 2naFronteira, formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presenta Zapatiños para Díaz Castro, un CD no que musica catorce poemas de Nimbos, o poemario de Xosé María Díaz Castro. Os textos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano cobran vida cunha ampla presenza de harmonios, pianos e a voz de Carmen Penim. No vídeo que encabeza esta información os artistas explican o proceso de xestación deste disco.O grupo iniciou o proxecto a musicar Penélope, o poema máis coñecido do autor, e foi o interese que os músicos foron atopando na lectura dos poemas de Díaz Castro o que os levou a completar o conxunto de textos do autor.
Pitusa Semifusa percorre os instrumentos para os máis novos
Xénero:
| 25 / 4 / 2014A historia da neta dunha directora de orquestra que se achega a coñecer as familias de instrumentos. Este é o eixe de Pitusa Semifusa, o novo libro-disco que acaba de publicar Galaxia na colección Sonárbore para o público infantil. O proxecto, coordinado por Olga Brañas, conta con colaboracións como as de Sérgio Tannus, Uxía, Quim Farinha ou Anxo Pintos. Dez temas de ritmos variados e coloridos e multitude de instrumentos fan parte deste novo proxecto que ilustra Leandro Lamas.
Anxo Lorenzo explora os límites da gaita en Confuxón
Xénero:
| 24 / 4 / 2014Melodías dos países celtas interpretados con gaita e whistles e acompañados polo irlandés Eoghan Neff no violín e o galego Xosé Liz na guitarra. Esta é a proposta de Anxo Lorenzo para o seu novo disco Confuxón, na que o gaiteiro do morrazo continúa coa súa aposta polos sons acústicos e pola experimentación co instrumento. Un total de seis temas cheos de ritmo chegan agora da man de Zouma Records ás tendas físicas e dixitais. Logo da presentación oficial do traballo, este 24 de abril en Moaña, o gaiteiro visitará a Foliada de Melide o vindeiro día 26. Ademais, confirmouse xa a presenza do artista na vindeira edición do Festival de Ortigueira.
Nacho Mora completa o financiamento para Entre as zocas e os lóstregos
Xénero:
| 15 / 4 / 2014A falta de varios días para rematar o proceso de crowdfunding na plataforma My Major Company, Nacho Mora, antigo membro de Elephant Band ou Meu completou xa os fondos que reclamaba para lanzar o seu primeiro traballo en solitario. Entre as zocas e os lóstregos, gravado en Lloria Estudio, Xixón, con produción de Xel Pereda achega 11 versións musicadas doutros tantos poemas de autores galegos. Letras de Pondal, Celso Emilio, Ana Romaní, Baldo Ramos, Miro Villar, Ramón Cabanillas, Estíbaliz Espinosa, Álvaro Cunqueiro ou Uxío Novoneyra atópanse co son indie do músico que pretende leva a nosa lingua alén do ámbito do folk.
Os d´abaixo debutan Ao vivo en Lorient
Xénero:
| 11 / 4 / 2014A actuación que desenvolveron o pasado mes de agosto no Festival Intercéltico por excelencia da Bretaña, conforma o primeiro disco de Os d`abaixo. A banda compostelá presentaba onte Ao vivo en Lorient, un volume no que deixan ver o seu bo facer. Temas de carácter popular que convidan ao baile cunha instrumentación rica que inclúe violín, guitarra, acordeón, gaita ou frauta fan pate do volume, na liña dos concertos que o grupo vén ofertando desde o seu nacemento en 2010.
NAO envía Cartas no caderno
Xénero:
| 10 / 4 / 2014Logo de rematar a xira de Cancións de amor de liberdade NAO presenta un traballo especial. Cartas no caderno é un EP que o grupo pon en libre descarga no seu web no que se poden escoitar temas propios canda a versións de temas como Os vampiros de José Afonso ou Je veux de Zaz, sempre co ton social das súas letras e co apoio de colaboradores como Mini da Quenlla en Acción galega. Logo dun descanso de varios meses, o grupo presentará o traballo nun único concerto o 26 de abril na compostelá sala Capitol que pretenden sexa unha festa para os seus seguidores. No recital a banda estará contará con Vicky Polard como acompañantes.
María Toro fusiona jazz e flamento en A contraluz
Xénero:
| 28 / 3 / 2014A frautista coruñesa María Toro, afincada en Nova York, acaba de presentar o seu primeiro traballo. A contraluz, gravado e mesturado entre Nova York, Madrid, Río de Janeiro e Zurich, o volume integra jazz e flamenco e conta con colaboracións como as do pianista Jean Michel Pilc, Justin Brown na batería e Ben Street no baixol Canda a eles, desde o flamenco participan Yelsi Heredia, Israel Varela y Andreas Arnold. Embarcada na xira internacional de presentación, a artista prevé visitar o noso país o vindeiro verán co seu novo traballo.
A Quenlla volta con 26 novas cancións
Xénero:
| 27 / 3 / 2014Catro ano despois do seu último traballo, A Quenlla lanza un novo disco. Dous CDs que achegan 26 cancións inéditas e compostas especificamente para a ocasión compoñen 30 anos con A Quenlla De Amor, dor e loita. Con letras a cargo de autores como Cunqueiro, Curros Enríquez, Darío Xohán Cabana, Xesús Rábade, Manuel Maria ou Díaz Castro, o grupo de Mini e Mero mantén o seu característico estilo neste novo álbum, editado por 2001 Produccións. A Casa do Saber en Lugo, acollerá o vindeiro 28 de marzo o concerto de presentación do evento.