Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Ponse en marcha a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
Xénero:
| 6 / 6 / 200743 músicos integran a nova Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Segundo o coordinador da proposta, Luís Costa, o 90% dos integrantes son de procedencia galega. A orquestra, segundo Costa, aspira a “integrarse na vida social da cidade e converterse nun referente no panorama simbólico de Galicia”. Trátase dun proxecto financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello e a Xunta de Galicia coa colaboración do Conservatorio de Música de Pontevedra. A Orquestra estará dirixida por Javier Viceiro-Filgueira e dará tres concertos de presentación nestes días. O inaugural será hoxe, mércores, ás 21 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra. O sábado 9 será o seguinte, no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Vigo e no Auditorio de Galicia o vindeiro día 12.
Máis información en Galicia Hoxe
Preséntase o disco no que trinta grupos fan versións de temas de Andrés do Barro
Xénero: VIDEO + AUDIO
| 4 / 6 / 2007 +Son tempos de Do Barro. Se onte mesmo a Televisión Galega emitía a gala de homenaxe a Andrés do Barro, mañá chega ás tendas "Manifesto Dobarrista", un CD editado por Falcatruada. Baixo este título unha trintena de grupos galegos presentan cadansúa versión dun éxito deste pioneiro do pop en galego. Entre os participantes neste disco, grupos coma The Homen, Narf, Niño y Pistola Fanny + Alexander ou Projecto Mourente. De xeito paralelo, está xa na rede o web dobarrismo.com, que quer ser un punto de encontro para os admiradores deste artista.
Máis información no web de Falcatruada, en Dobarrismo.com, en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia; trailer do documental O tren que me leva en AVG; o noso tema sobre Do Barro; escoita mostras dalgúns dos temas en Mega
14 promotoras musicais únense para abrir unha canle de diálogo coa Administración
Xénero:
| 1 / 6 / 2007Hoxe presentouse en Santiago de Compostela a AGEM (Asociación Galega de Empresarios Musicais). A asociación, que aínda está en fase de creación, xunta a 14 empresas do sector musical e ten entre os seus obxectivos servir “de interlocutor entre as empresas do sector e as diferentes Administracións” e “crear un panel para intercambiar ideas e experiencias en beneficio do exercicio da profesión da promoción, producción e distribución de concertos musicais”. A asociación está presidida por Lucila Fernández, de Idea Rock e os seus promotores subliñaron que se trata dunha “iniciativa pioneira no sector da música en directo”. Entre os socios atópanse Zouma Records, Nordesía Produccións, Nocturna Producciones e XXL Produccións.
Fía na roca presenta o seu quinto disco co que inicia xira en Alemaña
Xénero: VIDEO + IMAXES + AUDIO
| 1 / 6 / 2007 +“Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de Fía Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega. O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de Fía na roca. A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituíndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao Rodríguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo. O disco foi gravado en catro días o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois)e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega. O grupo marcha mañá para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluíndo tamén Galicia na xira de verán. Xosé Ramón Vázquez salientou a importancia que para a súa proxección tivo a nova axencia que os representa, Abada Xestión Cultural.
Máis información nos nosos arquivos sobre Fía na roca
Comeza o programa de concertos Vai de Camiño organizado polo Xacobeo
Xénero:
| 31 / 5 / 2007Desde o primeiro de xuño e ata finais de setembro case 120 actuacións están programadas nas vilas polas que pasan os oito camiños recoñecidos a Compostela. As localidades de Vilagarcía e Boqueixón acollerán este venres os concertos inaugurais do programa con Berrogüetto e Leilía respectivamente. Haberá concertos nas vilas atravesadas pola Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, a Vía da Prata, o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, o Camiño Primitivo, o Camiño Norte, o Camiño de Fisterra-Muxía e no Camiño Francés. Grupos e artistas de todos os estilos como The Homens, Fía Na Roca, Marful, Siniestro Total, Malvela, Uxía, Sete Saias, Xabier Díaz, Samesugas, Narf ou Mercedes Peón tamén tocarán nalgún dos moitos concertos deste percorrido artístico que inclúe tamén actuacións de maxia e pasarúas nestas máis de cen localidades polas que transcorre.
Máis informacíón no Xacobeo
Edicións do Cumio presenta en Vigo o Método de gaita de Xaquín Xesteira
Xénero:
| 31 / 5 / 2007Edicións do Cumio presenta este venres 1 ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD. Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional. Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén e´fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.
O Festival Novas Músicas de Monforte acollerá un seminario para músicos e educadores
Xénero:
| 31 / 5 / 2007O Seminario de Música Moderna e Improvisación vai dirixido persoas que, posuíndo xa algúns coñecementos musicais, desexen achegarse á musica moderan para ampliar os seus coñecementos e recursos. Neste sentido tanto músicos de calquera especialidade como ensinantes poderán sacar partido desta actividade formativa con vistas a aumentar os seus recursos para a interpretación e a improvisación ou para obter recursos pedagóxicos. Inserido na programación do Festival Novas Músicas de Monforte o seminario terá lugar durante os seis días do festival entre o 21 e 26 de agosto. A coordinación do curso corre ao cargo de Miguel Angel Rodríguez e contará coa participación dos profesores Fernando Llorca, Roberto Somoza, Andy Phillips, Carlos Calviño e Charlie Moreno.
Máis información no Festival Novas Músicas
O novo disco da banda grovense Nadadora xa está nas tendas desde hoxe mesmo
Xénero: VINCULO
| 28 / 5 / 2007 +Hoxe sae á venda o segundo álbum de longa duración do grupo Nadadora. A carreira deste sexteto afincado n´O Grove xa conta con dous discos anteriores, o mini CD "Aventuras dentro de cajas" en 2004 e o álbum "Todo el frío del mundo" en 2005 que conseguiron que este grupo fose collendo un espazo propio na música e aumentando paulatinamente o número de seguidores. O seu novo álbum "Hablaremos del miedo" ten 10 cancións cantadas en castelán e algunha, “Todo o mundo protesta", en galego como xa é habitual nos anteriores traballos. O disco, editado polo mesmo selo dos anteriores, Jabalina Música, foi gravado nos estudios Círculo Polar de O Grove e masterizado por Alan Douche. e incorpora como novidade a introdución de instrumentos de corda e vento, así como arranxos orquestrais.
Máis información en Sono-Tone
Cultura pesenta o primeiro Certame de Bandas de Música Populares con outras medidas de apoio a estes grupos
Xénero:
| 24 / 5 / 2007Entre os días 23 e 25 de novembro deste ano celebrarase en Santiago un concurso no participarán 21 nadas do país tras pasar un proceso previo de seleción. Así se anunciou tras unha reunión da conselleira de cultura, Ánxela Bugallo, cos representantes da Federación Galega de Bandas de Música Popular. O certame está concibido como un punto de encontro entre as bandas do país e forma parte dun programa de accións coas que a consellaría quere apoiar e potenciar estas formacións cun investimento total de 250.000 euros. Estes cartos dividiranse entre o devandito concurso, a organización de encontros entre bandas, a participación destas en competicións internacionais, o financiamento de actividades formativas, estudos e renovación e galeguización do repertorio así como un apoio específico para a banda da federación.
Máis informaión en Galicia Hoxe
As firmas dedicadas á xestión de concertos coordínanse na Asociación Galega de Empresarios Musicais
Xénero:
| 24 / 5 / 2007O proceso de reorganización do sector da música galega continúa. Desta volta, "El País" achéganos a nova da vindeira constitución da Asociación Galega de Empresarios Musicais (AGEM). Esta nova entidade quere agrupar as firmas que traballan na música en directo e conta xa con trece asociados, entre eles Nordesía, Nocturna, XXL Producións, La Fábrica de Chocolate, Nalgures ou Producións Independentes Culturais.
Máis información en El País e nas nosas reportaxes sobre música