Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo presentan Avenida Atlántica
Xénero:
| 16 / 1 / 2009Unha proposta poético-musical ao abeiro das relacións entre Cuba e Galicia é a proposta que achega o Teatro Colón da Coruña esta noite. Avenida Atlántica é un espectáculo artellado por Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo no que se mesturan sons das dúas beiras do océano. O espectáculo chega da man da Deputación da Coruña e mais da Fundación Caixa Galicia, e xa se puidera ver en Cuba no acto de irmandamento da Torre de Hércules co Faro do Morro da Habana.
Dúas óperas de Puccini e Donizetti amplían a colección de iniciación infantil de Kalandraka
Xénero:
| 14 / 1 / 2009A editorial Kalandraka ven de engadir no pasado mes de decembro dúas novas publicacións á súa colección de libro-discos de iniciación á opera para nenos. Os dous novos rexistros corresponden ás obras Turandot, de Giacomo Puccini (1858-1924) e O elixir do amor de Gaetano Donizetti (1797-1848). Esta colección de divulgación infantil da lírica impulsada por Kalandraka en colaboración co selo especializado HIPÓTESI contén una adaptación do libreto, ilustracións dalgunhas pasaxes, indicacións oa longo do relato que corresponden cos pistas do CD de audición e una breve biografía do compositor. Turandot é un drama lírico situado na corte imperial chinesa; a adaptación corre a cargo de Joan de Déu Prats e a interpretación musical da Orchestra & Coro do Teatro Comunale dell´Opera di Genova, dirixido por Daniel Oren. A ópera O elixir do amor é una das poucas incursións do compositor no xénero bufo e o seu argumento xira arredor dun triángulo amoroso nun entorno vilego. A adaptación é de Stefanía Fantauzzi e a interpretación musical corre a cargo da Hungarian State Opera Choir and Orchestra dirixidos por Pier Giorgio Morando.
A recuperación de cantares de reis enche as rúas de música
Xénero:
| 5 / 1 / 2009A tradición dos cantares de reis está a demostrar unha vizosa recuperación no noso país. Sexa coa denominación de ranchos, cantares ou mesmo na forma de danzas, múltiples localidades están a levar estes días estas composicións populares ás rúas. Deste xeito, Mondariz acolle o vindeiro día 11 o III Encontro de Ranchos de Reis. Mañá mesmo localidades coma Riofrío ou Salceda de Caselas celebrarán os seus propios, mentres o día sete en Ponteareas haberá unha danza de reis. Pola súa banda, Boimorto fallaba onte o V Certame de Cantares de Reis, unha cita fundamental para os interesados por este tipo de pezas.
Nsaio Xeral porá en contacto industria e grupos musicais emerxentes
Xénero:
| 26 / 12 / 2008Nsaio Xeral é un encontro entre diferentes empresas da música galega e representantes de grupos musicais que pretenden dar os primeiros pasos na súa carreira artística. Celebrarase o 17 de xaneiro no IES Rosalía de Castro e será unha xornada completa con obradoiros, castings e concertos. Segundo Rubén Cela, director Xeral de Xuventude -departamento que organiza o encontro- do que se trata é de "consolidar o papel de Nsaio como unha ponte entre os grupos e as industrias musicais", papel do que, asegurou, deuse o primeiro paso no cultur.gal.
O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba
Xénero:
| 18 / 12 / 2008Un acordo entre a Consellaría de Cultura e a Fundación Roxelio Groba permitirá dixitalizar os fondos bibliográficos e musicais deste compositor. A iniciativa enmárcase no Programa de Dixitalización de Fondos do Arquivo Nacional e contará cun investimento de 56.000 euros a cargo da Fundación Cidade da Cultura. Entre as 534 composicións a dixitalizar inclúense algunhas tan destacadas coma a ópera Floralba, as cantatas Xacobea e Un pobo sen destino ou o Concerto Confidencias entre outros.
María do ceo pon música e voz aos poetas de Celanova
Xénero:
| 9 / 12 / 2008A cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo chega ao seu décimo disco editado cun traballo que, co gallo do centenario da morte de Curros Enríquez no ano 2008, canta a este e outros poetas das terras de Celanova. O luxoso libro-disco edítase co apoio de numerosas institucións como o Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez, a Deputación Provincial de Ourense, a Mancomunidade Terra de Celanova, “la Caixa”, o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Os 17 cortes do disco No bico un cantar, gravado e mesturado nos estudios Desfase de Ourense, achegan oito poemas de Curros Enríquez ademais de letras xurdidas dos poemarios de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), Castor Elices (1847-1886), Serafín Marqués, Armando González e Méndez Ferrín, este último ademais asina un prólogo da obra.
O colectivo Sinsal presenta no Cultur.gal un proxecto educativo para divulgar a música
Xénero:
| 4 / 12 / 2008¿Cál foi a primeira gravación galega?¿Que eran as maquetas? ¿Onde naceron os picadiscos? ¿Cómo se fabrica un vinilo? ¿Deseñou Picasso portadas de discos? ¿Que é o Backspin?. Estas son as preguntas que pretende respostar o Colectivo Sinsal co seu proxecto Escola Sinsal: a historia da música enlatada. Un proxecto educativo que o colectivo vigués presenta hoxe no marco do Cultur.gal, o Salón das Industrias Culturais, que se desenvolve na Coruña ata o vindeiro domingo. O proxecto adapta as súas actividades, que van desde obradoiros, montaxes e actuacións, para ir descubrindo de xeito práctico outras formas de ver a música.
Milladoiro une musicalmente o eixo atlántico
Xénero: AUDIO
| 2 / 12 / 2008 +Milladoiro presentou o pasado 25 de novembro no Teatro Colón de A Coruña o seu novo traballo discográfico, A Quinta dás lágrimas nun concerto con motivo da conmemoración do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O novo disco presenta a conxugación musical conxunta de Galicia e Portugal collendo como inspiración os amores de Don Pedro de Portugal e Dona Inés de Castro, galega que foi raíña de Portugal despois de morta. O disco, editado pola discográfica PAI Música dirixida por Segundo Grandío, xurde das sinerxias entre a produtora do grupo, Cormorán, e o Eixo Atlántico. Este disco fai o número vinte e tres da historia do grupo máis importante da música folk galega e coincide coa saída do disco ensolitario do seu arpista Roi Casal. Os oito temas de A Quinta das Lágrimas van desde o medioevo representado polas Cantigas de Alfonso X ata a o contemporáneos José Afonso os poemas de Manuel Antonio, Cunqueiro ou Pessoa pasando polo folclore popular das dúas beiras do Miño.
Cantos na maré chega á súa sexta edición
Xénero:
| 26 / 11 / 2008Cantos na maré, o Festival Internacional da Lusofonía, chega o vindeiro mes de decembro á súa sexta edición en Pontevedra. O evento contará desta volta coa presenza de Sérgio Godinho, Waldemar Bastos, Sara Tavares, Paulinho Moska e Xabier Díaz. Ademais do concerto que se celebrará o vindeiro sábado 13 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, o evento inclúe a proxección de documentais entre os días 10 e 13 de decembro, encontros de creadores e un proxecto de creación dunha rede coma punto de encontro entre os espazos da lusofonía.
O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe
Xénero: AUDIO + VIDEO
| 24 / 11 / 2008 +Desde hoxe xa está dispoñible nas tendas o disco Lendas Douradas, primeiro en solitario do arpista de Milladoiro. O álbum editado por PAI Música recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, malia que tamén déixase escoitar a voz de Silvia Ferre nalgunhas cancións. Hai, no repertorio que ofrece o disco, unha variedade de matices musicais, que van desde a virtuosidade de Casal na arpa en temas como Fandango e Recordos da infancia ata a presenza do rock eléctrico en temas como Inimigos ou, en menor medida, Noite de San Xoán. A revisión do folk popular e mesmo do cancioneiro medieval tamén teñen cabida en Lenda Dourada No capítulo das letras cabe destacar o protagonismo das achegas poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro ao disco.