O TEATRO COLóN ACOLLE A ESTREA DESTE MUSICAL
Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo presentan Avenida Atlántica
xaneiro 16, 2009
Unha proposta poético-musical ao abeiro das relacións entre Cuba e Galicia é a proposta que achega o Teatro Colón da Coruña esta noite. Avenida Atlántica é un espectáculo artellado por Lino Braxe e Rómulo Sanxurxo no que se mesturan sons das dúas beiras do océano. O espectáculo chega da man da Deputación da Coruña e mais da Fundación Caixa Galicia, e xa se puidera ver en Cuba no acto de irmandamento da Torre de Hércules co Faro do Morro da Habana.