Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Milladoiro une musicalmente o eixo atlántico

A QUINTA DAS LáGRIMAS é O VIXéSIMO TERCEIRO DISCO DO GRUPO

Milladoiro une musicalmente o eixo atlántico

FOLK | decembro 2, 2008

not_13589.jpg

Milladoiro presentou o pasado 25 de novembro no Teatro Colón de A Coruña o seu novo traballo discográfico, A Quinta dás lágrimas nun concerto con motivo da conmemoración do día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. O novo disco presenta a conxugación musical conxunta de Galicia e Portugal collendo como inspiración os amores de Don Pedro de Portugal e Dona Inés de Castro, galega que foi raíña de Portugal despois de morta. O disco, editado pola discográfica PAI Música dirixida por Segundo Grandío, xurde das sinerxias entre a produtora do grupo, Cormorán, e o Eixo Atlántico. Este disco fai o número vinte e tres da historia do grupo máis importante da música folk galega e coincide coa saída do disco ensolitario do seu arpista Roi Casal. Os oito temas de A Quinta das Lágrimas van desde o medioevo representado polas Cantigas de Alfonso X ata a o contemporáneos José Afonso os poemas de Manuel Antonio, Cunqueiro ou Pessoa pasando polo folclore popular das dúas beiras do Miño.

AUDIO | 30 SEGUNDOS
Venham mais cinco
AUDIO | 30 SEGUNDOS
O mar portugues
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Galope de guistola
datos do disco
Ligazóns