Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe

O ARPISTA PRESENTA UN TRABALLO MOI PERSOAL CON VARIEDADE DE REXISTROS

O disco en solitario de Roi Casal sae á venda hoxe

FOLK | novembro 24, 2008

not_13534.jpg

Desde hoxe xa está dispoñible nas tendas o disco Lendas Douradas, primeiro en solitario do arpista de Milladoiro. O álbum editado por PAI Música recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, malia que tamén déixase escoitar a voz de Silvia Ferre nalgunhas cancións. Hai, no repertorio que ofrece o disco, unha variedade de matices musicais, que van desde a virtuosidade de Casal na arpa en temas como Fandango e Recordos da infancia ata a presenza do rock eléctrico en temas como Inimigos ou, en menor medida, Noite de San Xoán. A revisión do folk popular e mesmo do cancioneiro medieval tamén teñen cabida en Lenda Dourada No capítulo das letras cabe destacar o protagonismo das achegas poéticas de Manuel María e Rosalía de Castro ao disco.

VIDEO | Ninfa das frescas augas
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Tecín soia
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Din Dan
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Recordos da infancia
AUDIO | 30 SEGUNDOS
Noite de San Xoán
datos do disco