Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba

O PROXECTO TEN UN INVESTIMENTO DE 56.000 EUROS

O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba

CLáSICA/LíRICA | decembro 18, 2008

imaxe non dispoñible

Un acordo entre a Consellaría de Cultura e a Fundación Roxelio Groba permitirá dixitalizar os fondos bibliográficos e musicais deste compositor. A iniciativa enmárcase no Programa de Dixitalización de Fondos do Arquivo Nacional e contará cun investimento de 56.000 euros a cargo da Fundación Cidade da Cultura. Entre as 534 composicións a dixitalizar inclúense algunhas tan destacadas coma a ópera Floralba, as cantatas Xacobea e Un pobo sen destino ou o Concerto Confidencias entre outros.

Tamén che pode interesar: