Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
Familia Caamagno saca o seu segundo disco
Xénero:
| 26 / 10 / 2022Familia Caamagno ven de ser recoñecido como o mellor proxecto de Rock de Galicia na edición de este ano dos Premios Martín Códax. A banda sacou esta semana á luz o que é seu segundo disco de longa duración "O mundo está derrotado". Desde febreiro co publicación do videoclip coa súa versión do tema de Juan Pardo, "Xuntos", a banda foi presentado varios dos temas que conforman este novo disco, o último xustamente o que dá título ao volume, que segue a aquel álbum de debut "Había que intentalo" (2019). A Sala Capitol de Santiago de Compostela acollerá este sábado a presentación oficial en concerto deste traballo, unha ocasión para que a Familia reúna a moitos dos seus amigos da escena musical galega a compartir escenario, con moitas sorpresas e algúns nomes xa confirmados como Terbutalina, Martín Wu (Granpoder, The Homens), Hevi (Malandrómeda) ou Guadi Galego.
O rapeiro Big Meu gaña a Liga CeibaRimas
Xénero:
| 5 / 10 / 2022A liga CeibaRimas, un encontro con formato de competición que busca fomentar o uso do idioma galego na arte do rap de improvisación ( freestyle), ven de levar a cabo a súa primeira edición presencial en Santiago, resultando o rapeiro local, Big Meu campión deste 2022. As actuacións dos participantes dividíanse en dous minutos de improvisación libre e un intercambio de pregunta-resposta entre dous participantes durante outro minuto. Big Meu acadou o favor do xurado grazas ao seu enxeño e ao flow amosado, levando os 300 euros que se engadían ao título de vencedor deste encontro de cultura urbana organizado pola asociación Merenda Creativa sen ánimo de lucro.
As Xornadas arredor da Música Tradicional celebran dez anos
Xénero:
| 27 / 9 / 2022As Xornadas arredor da Música Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) chega á súa décima edición. O encontro anual para afondar nas raíces musicais do país terá lugar nesta ocasión na Casa da Gaita, de Viascón (Pontevedra), durante toda a xornada do vindeiro sábado 1 de outubro. O programa, aberto a calquera persoa interesada, inclúe a posta en común de catro traballos de investigación vencellados á música tradicional e cinco presentacións de novas publicacións.
Fuxan os Ventos recibirán o Premio Martín Códax de honra
Xénero:
| 23 / 9 / 2022A histórica formación musical Fuxan os Ventos celebra o seu 50 aniversario na música neste ano 2022 e os Premios Martín Códax da Música súmanse á conmemoración entregándolle ao grupo o galardón honorífico da súa novena edición. Desde Músicas ao Vivo, entidade organizadora dos premios, consideran que este recoñecemento pon de relevo o significado que a música de Fuxan os Ventos tivo para a sociedade galega cun repertorio que foi camiñando do folk á música popular coa prevalencia dunhas letras "ben propias ou de poetas, que abrangueron temáticas moi amplas, en ocasións reivindicativas con temas como a emigración, a autonomía, a ecoloxía e a pobreza, ou recolledoras dunha tradición oral coa que tivo intenso contacto o grupo". O galardón entregarase na gala dos 9º Premios Martín Códax da Música o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde tamén se proxectará un vídeo con entrevista e homenaxe á banda.
Abe Rábade homenaxea á flora galega en 'Botánica'
Xénero:
| 22 / 9 / 2022O novo de Abe Rábade é un traballo imbricado tanto na terra que esta dedicado á vexetación autóctona de Galicia conformando un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano. O pianista e compositor compostelán ven de sacar á rúa 'Botánica' ( Karonte Reords), o seu décimo quinto disco, e fará a súa presentación en concerto este sábado no marco do festival Maré, no Teatro principal de Santiago en horario matinal (12:00 horas).
O MUMI servirá de escaparate para vinte propostas musicais galegas ou lusas
Xénero:
| 20 / 9 / 2022Vinte directos doutras tantas bandas e artistas están programados no terceiro encontro profesional Músicas no Minho - MUMI 2022, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro na Eurocidade Tui- Valença. Dez nomes de Galicia e outros dez de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual. A organización do MUMI 2022 presentou a programación de showcases e avanzou que durante o encontro, a oferta para profesionais desenvolverase no Teatro Municipal de Tui e no Espazo OFF da Academia de Música da Fortaleça de Valença, mentres que os concertos abertos ao público terán lugar na Avenida da Estaçao de Valença e no Paseo da Corredoira de Tui. O artista portugués Omiri e o proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria serán os encargados de ofrecer o concerto de apertura do MUMI 2022 o xoves 29 de setembro na Avenida da Estaçao de Valença.
Santiago acolle o crisol musical de Maré 22
Xénero:
| 19 / 9 / 2022Comeza esta semana o festival Maré de músicas e artes atlánticas (antes Cantos na Maré) na súa XVIIIª edición, a terceira en Santiago de Compostela. Do 21 ao 25 de setembro, Maré volverá celebrarse en distintas localizacións da capital galega coma o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, a Sala Capitol, a Praza da Quintana e outros emprazamentos do patrimonio monumental, clubes e o parque de San Domingos de Bonaval, epicentro do festival no que estará situado o escenario Xacobeo. O evento segue a apostar pola creación feminina e da mocidade, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural poñendo o foco naqueles territorios cos que Galicia comparte lazos lingüísticos, históricos e outros sentimentais das dúas beiras do Atlántico. Ademais dunha ampla representación galega, o cartel inclúe artistas procedentes doutras comunidades do Estado, como Catalunya, Asturias ou Euskadi, e doutros países e territorios como Angola, Brasil, Portugal, o Rajastán na india, os balcáns, Arxentina, Francia, o Sáhara Occidental, Guiné-Bissau ou Escocia. En total, maré 22 sumará máis de 30 actuacións.
Sheila Patricia seleccionada para actuar no WOMEX de Lisboa
Xénero:
| 24 / 8 / 2022Sheila Patricia actuará no Lusofónica Stage da 28ª edición de Womex, a Worldwide Music Expo, que se celebrará en Lisboa do 19 ao 23 de outubro. Neste multitudinario encontro internacional a artista redondelá ofrecerá un concerto levando os temas do seu disco 'Orixe', o seu primeiro LP e tamén o seu proxecto máis ambicioso e persoal, no que aposta polas súas raíces musicais con tinguras de vangarda e mesmo ritmos de world music, confirmándose como unha das voces máis prometedoras do actual panorama musical galego. Sheila Patricia foi seleccionada por parte do xurado internacional para actuar no Lusofónica Stage, escenario que acolleu ás Tanxugueiras na edición celebrada o ano pasado no Porto.
O 'Diluvio' de Tanxugueiras triunfa
Xénero:
| 10 / 8 / 2022Tanxugueiras segue a colleitar fitos para a historia da música galega. Co seu recente terceiro álbum, 'DILUVIO' (Calaverita Records), publicado o pasado venres 29 de xullo, veñen de situarse como o disco máis vendido en tendas físicas na semana do seu lanzamento, quedando por riba de nomes como Beyoncé ou Harry Styles. O dato, facilitado por GFK e Promusicae (Productores de Música de España), dá conta da boa acollida que recibiu, entre o público, o novo traballo das cantareiras, que este mesmo fin de semana recolleron durante a súa actuación no festival SonRías Baixas o disco de ouro polo sinxelo 'Terra', co que competiron no Benidorm Fest e que hoxe en día supera os 30 millóns de reproducións na suma das plataformas. No cómputo global de vendas físicas e dixitais, 'DILUVIO' ocupa a cuarta posición entre un cento de discos, só por atrás dos novos traballos discográficos de Bad Bunny, Rosalía e Beyoncé, e por riba de figuras de tirón internacional como C. Tangana, Sebastian Yatra ou Rauw Alejandro. O disco de ouro por 'Terra' , outorgado tamén pola auditoría GFK e Promusicae ven motivado ao superar máis de 30.000 copias vendidas, o que se traduce, aproximadamente, en máis de 12 millóns e medio de reproducións en plataformas dixitais. 'Terra', publicado o 21 de decembro de 2021, suma xa máis de 30 millóns de reproducións.
Quico Comesaña presenta o seu primeiro traballo en solitario
Xénero:
| 8 / 8 / 2022Cun extenso percorrido musical ás costas como integrante de formacións importantes e coñecidas como Fía na roca e Berrogüetto, Quico Comesaña (Navia, 1962) asina o seu primeiro disco en solitario "Mãe", que ven de saír á venda este pasado mes de xullo. No disco, Comesaña aposta polas composicións longas, puramente instrumentais e cun marcado carácter de 'suite' para un traballo integrado por catro pezas de arredor de 10 minutos e de nomes tan evocadores dese folk ligado ao concepto cosmogónico de 'Nai terra' como Clorofilia, Marea, Animal Sapiens e Terránea. Preséntase coma unha homenaxe ao feito feminino dador da vida.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca