Arquivo

36.232 noticias desde o ano 2000

X
3.261 resultados Busca: "Culturagalega"

A Xunta nega agora que vaia modificar a Lei para aceptar o topónimo La Coruña

Mudan as mudanzas

  • O pasado luns Francisco Vázquez anunciaba que o PSdeG apoiaría a reforma legal coa que o PP quería legalizar o emprego do topónimo La Coruña. Logo de que Touriño negase este apoio, onte Manuel Fraga anunciaba que non pretende modificar a Lei ne...

Os Concellos de Cangas e Moaña organizan os seus novos certames de BD mentres visita o Morrazo unha exposición de Xaquín Marín

Debuxos e lingua

  • Continuando co traballo de anos anteriores, o Concello de Moaña acaba de facer públicas as bases da sétima edición do seu certame de BD que pretende favorecer o emprego do galego entre os escolares. Dirixido a autores de entre dez e trinta anos, ...

BD Banda prepara a publicación dun álbum de Bernardo Vergara e outro de Pinto e Chinto

Pinto, Chinto, Vergara e... BDBanda

  • O semanario “A Nosa Terra” anunciaba esta semana os vindeiros proxectos do colectivo BD Banda coma editora que agarda presentar para o vindeiro “Viñetas desde o Atlántico” dous novos albumes. O proxecto deste grupo é que nun deles Pinto e ...

Heroína, a película sobre Carme Avendaño, compite no Festival de Málaga

Vidas de película

  • A vida de Carme Avendaño non foi precisamente un camiño de rosas. Gerardo Herrero quixo dirixir unha película que narrase a súa peripecia vital, o seu pulso contra o narcotráfico cando soubo que os seus fillos estaban metidos na droga. Continent...

O xulgado suspende o emprego do topónimo La Coruña mentres se avanza un acordo entre PSdeG e PP para legalizalo

Cal e area lingüística

  • Logo do recurso que presentou a Consellaría de Presidencia contra a resolución do Concello da Coruña de empregar o topónimo castelán da cidade, o responsable do xulgado contencioso administrativo número tres suspendía onte o acordo que daba ne...

Nove autores compiten polos Premios Juan de San Clemente, que outorgan os alumnos de secundaria de toda Galicia

Os clementes deste ano

  • Teresa Moure, Manuel Veiga e Xavier Alcalá na categoría de novela galega. Luís Mateo Díaz, Guillermo Martínez, e Álvaro Pombo en idioma castelán. Eric Orseena, Erri de Luza e Melania G. Mazzuco como autores da mellor novela estranxeira. Estes ...

A discográfica Ouvirmos editará un álbum con gravacións inéditas do compositor Andrés Gaos

Gaos volta aos sucos

  • A visita que Andrés Gaos fillo realizou a Galicia o pasado mes de febreiro para participar nos encontros “O Son da Memoria” que organiza o Arquivo Sonoro de Galicia está a dar os seus froitos. O pasado mes de febreiro, o fillo dun dos maiores c...

Recimil poderá ser derrubado logo de que Patrimonio descatalogase o barrio

Decisión patrimonial

  • A Dirección Xeral de Patrimonio acaba de descatalogar o barrio de Recimil. Así o comunicou o alcalde mentres anunciaba a posta en marcha do seu proxecto estrela que pasaba por derrubar o barrio e construír nese espazo un novo parque de vivendas. A...

O concello de Vigo pon en marcha a recuperación do barco Bernardo Alfageme e dos restos arqueolóxicos de Mirambell

Vigo activa o seu patrimonio

  • Dous dos elementos do patrimonio de Vigo que corrían un maior risco de degradación, o barco Bernardo Alfageme e o depósito romano de Mirambell, verán en breve cadanseu proxecto de recuperación. O histórico pesqueiro Bernardo Alfageme, que corre...

A BD e a animación danse cita en Arteixo na X edición dos encontros deste concello

Arteixo en marcha

  • Cumprindo coa súa cita un ano máis, a Banda Deseñada e da Animación de Arteixo chega á súa décima edición cun completo programa de actividades. Se xa ao longo da fin de semana se puideron ver as primeiras proxeccións de filmes de animación ...

A Xunta directiva de Agapi nomea a Xavier Valiño como novo presidente da entidade

Xavier Agapi

  • Javier Valiño é o novo presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Así o decidiu a xunta directiva nunha xuntanza celebrada o pasado luns que reestructurou a cúpula directiva para afrontar os dous retos máis inmediatos...

A Xunta presenta un recurso contra a cooficialidade do topónimo castelán da Coruña

Letra a xuízo

  • A ameaza cumpriuse finalmente e a Xunta presentaba onte un recurso contencioso-administrativo contra o acordo polo que o concello da Coruña establecía a cooficialidade dos seus nomes galego e castelán. O recurso, que se presentou a través dos ser...

Primitivo Marcos prepara un álbum da serie dos Fernández mentres continúa con “Aventura no Camiño de Santiago”

O Primitivo máis recente

  • Aínda que “Golfiño” pechou, as aventuras dos Fernández que facía Primitivo Marcos para esta publicación non acabaron aínda. O autor lugués anuncia que está a traballar na actualidade nun álbum de aventuras cos mesmos personaxes da serie....

Santiago acolle desde hoxe o I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano

Abrindo pontes

  • Unha delegación de corenta persoas chega hoxe a Compostela para formar parte do I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano. Unha actividade que pretende fomentar as relacións entre o sector audiovisual e que organiza a Consellería de Cultura, ...

O CGAC perderá no 2007 a colección de ARCO

A fin do ARCO

  • ...ción ARCO. Máis información sobre os fondos na hemeroteca e na entrevista a Miguel Fernández Cid de culturagalega.org ...

A Semana de Filosofía remata denunciando o feísmo urbanístico e rompendo relacións coa Deputación de Pontevedra

Feche do pensamento

  • Os problemas do feísmo urbanístico en Galicia foron o eixe do discurso co que o arquitecto César Portela fechaba o pasado venres a Semana Galega Filosofía. Nas conclusións do evento, os organizadores aseguraron que “as xornadas superaron o niv...

"A mansión dos Pampín" de Miguelanxo Prado completa a presenza galega no Saló de Barcelona con dúas candidaturas

Dúas veces Prado

  • Miguelanxo Prado opta aos premios do Saló de Barcelona á mellor obra e ao mellor guión do ano 2004 polo álbum "A mansión dos Pampín". Esta obra, editada en galego no marco do "Proxecto Terra" do Colexio de Arquitectos, foi publicada en castelá...

"El Fanzine Enfermo", dirixido por Alberto Vázquez compite con "BD Banda" na candidatura a mellor fanzine no Saló de Barcelona

Máis galegos para BCN

  • A presenza galega amplíase nos premios ao mellor fanzine do ano 2004 no Saló do Cómic de Barcelona. "El Fanzine Enfermo" dirixido polo coruñés Alberto Vázquez desde a Cidade Condal compite con "BD Banda" nesta categoría. Esta publicación, que...

Continental leva ao cinema a historia dun matrimonio de Cambre que son irmáns

Máis ca irmáns

  • Rosario e Daniel coñecéronse nunha discoteca madrileña en 1979. Daquel encontro saíu unha relación que se rompeu cando ambos descubriron que eran irmáns, pero superada a fochanca inicial decidiron seguir coa súa relación. É a historia coa qu...

“A Promesa” está dispoñible en DVD e emitirase nas televisións americanas

Promesas cumpridas

  • A coprodución de Pórtico SL “A Promesa” partir do vindeiro 15 de abril estará nunha cita internacional por partida doble. Por unha banda partipará no Philadelphia Film Festival e, pola outra, no Miami Latin Film. A produción dirixida polo re...