Unha delegación de corenta persoas chega hoxe a Compostela para formar parte do I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano. Unha actividade que pretende fomentar as relacións entre o sector audiovisual e que organiza a ConsellerÃa de Cultura, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Televisión de Galicia. No programa de actividades figura as visitas guiadas polos cascos históricos das cidades de Santiago, Vigo e A Coruña, as obras da Cidade da Cultura, as instalacións da CRTVG e unha canle local, asà como sesións de traballo entre os asistentes para abrir vÃas de colaboración entre as empresas e os distribuidores.
Mäis información nestas notas de prensa 1 e 2 remitidas polo gabinete de prensa da TVG