Continuando co traballo de anos anteriores, o Concello de Moaña acaba de facer públicas as bases da sétima edición do seu certame de BD que pretende favorecer o emprego do galego entre os escolares. Dirixido a autores de entre dez e trinta anos, este concurso premiará obras dedicadas ao medio e establece unha categorÃa para autores de entre dez e trece anos, outra para os que teñan entre catorce e dezaseis e unha última para aqueles que xa cumpriran os dezasete. Tamén se outorgará un premio ao centro de ensino que destaque pola calidade dos seus traballos. A data de entrega remata o vindeiro dez de maio. De xeito paralelo, tamén en Moaña poderá verse unha exposición de XaquÃn MarÃn centrada tamén na problemática do medio. Pola súa banda, desde Cangas tamén se acaban de dar a coñecer as bases do seu coñecido certame de BD, que desta volta elimina a obrigatoriedade de que os textos estean en galego e establece un premio principal de 460 euros.
Máis información en Faro de Vigo, en La Voz de Galicia e nos nosos certames