Ábrese o prazo para o Certame de Cómic de Moaña, que este ano premiará obras dedicadas á contaminación acústica

Moaña contra a contaminación

20/4/2006 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: Arte
2 lecturas | Compartido 0 veces
As concellarías de Cultura e de Xuventude de Moaña botan a andar o seu oitavo certame de BD. Desta volta poderán presentarse traballos en galego que traten sobre o tema da contaminación acústica. Ademais, as bases sinalan que se valorará, ademais da innovación e a imaxinación nas obras, o emprego de materiais naturais e de refugallo. O certame está aberto ata o dez de maio para autores de entre seis e trinta anos, que competirán en catro categorías divididas por tramos de idade.

Máis información en La Voz de Galicia nos nosos certames e nos nosos arquivos


Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares