AÃnda que “Golfiño” pechou, as aventuras dos Fernández que facÃa Primitivo Marcos para esta publicación non acabaron aÃnda. O autor lugués anuncia que está a traballar na actualidade nun álbum de aventuras cos mesmos personaxes da serie. Esta obra artéllase en catro partes que se centran cada unha no misterio, no xénero policiaco, no do Oeste e na xungla. A extensión desta historia será de cincuenta páxinas e non existe polo de agora nada negociado sobre a súa publicación. Mentres, Marcos segue pendente de que a Deputación de Lugo publique o cuarto número de “Aventura no camiño de Santiago”, que entregou xa no 2002. O autor asegura que ten xa preparado o argumento do número cinco da serie e conta con continuar traballando nela ao rematar o álbum. Finalmente, Marcos asegura que ten a intención de iniciar “non sei cando”, unha BD de autor ambientada na actualidade e que narrará os problemas dun escritor que se enfronta á súa obra máis ambiciosa.
Máis sobre o autor na súa ficha