Primitivo Marcos rematou a cuarta entrega de "Aventura no Camiño de Santiago", titulada "A doncela".

Nova entrega de Aventura no Camiño de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Primitivo Marcos vén de rematar a cuarta entrega da serie "Aventura no Camiño de Santiago" que se publicará baixo o título de "A doncela".

Páxina de A doncela
Páxina de A doncela

O lugués Primitivo Marcos vén de rematar a cuarta entrega da serie "Aventura no Camiño de Santiago" que se publicará nuns cantos meses baixo o título de "A doncela".
A serie, editada pola deputación de lugo no formato apaisado habitual nas bandas deseñadas dos anos corenta e cincuenta narra as aventuras dunha familia que fai o camiño de Santiago durante a Idade Media. Neste cuarto episodio os dous fillos coñecen a unha rapaza que se transforma en loba no máis puro estilo das lendas do país.

Ademais deste proxecto, Primitivo continúa a publicar a serie "Xulieta" no boletín do IES Martín Sarmiento e prepara unha historia de catro páxinas ambientada nas incursións vikingas para o vindeiro número da revista "LVCVS", onde xa ten publicados outros traballos de ambiente histórico.

Por se fose pouco tamén está a preparar unha serie cómica para a nova época da revista "Golfiño", polo que vemos que traballo non lle falta.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Primitivo, Idade Media, Golfiño...