A Xunta directiva de Agapi nomea a Xavier Valiño como novo presidente da entidade

Xavier Agapi

11/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Javier Valiño é o novo presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). Así o decidiu a xunta directiva nunha xuntanza celebrada o pasado luns que reestructurou a cúpula directiva para afrontar os dous retos máis inmediatos: a promoción exterior das empresas integradas neste consorcio e a súa actualización perante a era dixital que se aveciña. Valiño é director e produtor executivo de Aldea Films e substitúe no cargo a María Ignacia Ceballos que pasa a ser vogal. A Xunta directiva queda composta do seguinte xeito: Antonio Varela é vicepresidente, Luís Núñez é tesoureiro mentres que Domingo Díaz pasa a ser secretario. Pancho Casal, Enma Lustres e Dolores Ben completan a listaxe de vogais.

Máis información sobre Agapi na súa ficha

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAPI, Dolores Ben, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Culturagalega...