A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) acaba de renovar a súa xunta directiva na asemblea xeral realizada o pasado venres. A nova presidenta, que substitúe a Valentín Carrera, é Zaza Céballos, conselleira delegada e directora xeral de Zénit Televisión. Acompáñana tres incorporacións novas que fan que a Xunta directiva quede está formada por Pancho Casal, de Continental Producións, como vogal de Economía e Financiamento; Valentín Carrera, de IBISA TV, como vogal de Televisión; Javier Valiño, de IJV, como vogal de Cultura e Formación; Enma Lustres, de Vaca Films, como vogal de Relacións Institucionais; Dolores Ben de Sodinor, vogal de Son, Dobraxe e Industria; Domingo Díaz de EAF Producións, secretario e Luis Daura, de Bren Entertaiment, tesoureiro.
Zaza Céballos acaba de ser elixida nova presidenta de AGAPI
Preparando o 2004
36 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos