Noticias
As principais orquestras galegas dedican a maior parte da súa programación a compositores estranxeiros
Xénero:
| 22 / 1 / 2004Mozart, Bethoven, Brahms, Tchaikovsky, Ravel, Bach., Strauss... os repertorios clásicos e románticos centroeuropeos son os pratos fortes das programacións de abono e concertos especiais das principais formacións galegas: A Orquestra Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía. Pero...¿que pasa cos compositores galegos?
Os Cempés cumpren dez anos encima do escenario presentando un novo disco “Moe a moa”
Xénero:
| 8 / 1 / 2004Comezaron como tantos outros grupos: no instituto, nos recreos e faltando a algunha clase para poder tocar ás agochadas ou non tanto. Carlos Zaera e Óscar Fernández, collían o acordeón e a gaita e soñaban musicalmente, non cos ditames da música pop e rock que invadían os institutos, senón co patrimonio musical da terra, como facía daquelas Milladoiro ou Fuxan os ventos. Dez anos despois, Carlos xa non está aquí para ver que o pé que avanzou con aquel soño de estudante deu lugar aos "Os Cempés" que acaban de presentar o seu cuarto disco "Moe a moa".
O contorno e a lingua galega recóllense nos vilancicos e panxoliñas desde o século XVIII
Xénero:
| 23 / 12 / 2003Na liturxia, nas escenificacións e na rúa todos os anos desde o 24 de decembro até o día de reis cántanse vilancicos e panxoliñas. Non son exactamente a mesma cousa xa que o vilancico ten unha orixe litúrxica e a panxoliña é máis oral. Desde o seu emprego en Mondoñedo no século XVIII foron introducindo no mundo relixioso cantares que recollían características do contorno galego precisamente nunha etapa escura e difícil. Son vilancicos de galego e en galego.
A cantante lucense Lucía Pérez fíxose co disco de ouro galego polo seu traballo “Amores e amores”
Xénero:
| 18 / 11 / 2003“Amores e amores” é o segundo disco de ouro galego. Con 4.000 copias vendidas a cantante de O Incio Lucía Pérez superou co seu primeiro traballo as 2.500 copias que se puxeron como tope para conceder este galardón. O I disco de ouro galego fora para o grupo coruñés Amizades. A artista lucense saltou á fama logo de gañar a primeira edición do concurso “Cantareira de cantareiros” do programa Luar de Televisión de Galicia.
Máis información sobre o disco no web de Zouma Récords e Galicia Hoxe
O grupo vigués “Los piratas” gravan un disco para repasar a súa traxectoria musical
Xénero:
| 24 / 10 / 2003Doce anos e seis discos. É a historia do grupo vigués “Los Piratas”. Saltaron á fama cando a súa canción "Mi matadero clandestino"(do álbum Poligamia) foi escollida para a banda sonora de "Batman & Robin" e desde entón viñeron traballos como “Manual para los fieis”, “Ultrasónica” ou “Relax”. Esta noite, na sala madrileña de “La Riviera” queren repasar a súa traxectoria desde 1991 gravando un disco en directo. O álbum sairá á venda a principios do 2004.
A maior parte dos grupos galegos que cantan en inglés considéranse cultura galega
Xénero:
| 16 / 10 / 2003“The past to come”, “Pocket Monsters”, “If things were to go wrong”, “Things I Wanted”. “Arguments”... son, aínda que non o pareza, os títulos dos últimos traballos de músicos galegos. É música alternativa, independente. Cada grupo, por motivos diferentes, optou por expresarse musicalmente noutro idioma (maioritariamente en inglés). Pero non por iso eles deixan de considerarse cultura galega.
A editorial privada Arte Tripharia e o IGAEM realizan sendos Corpus da música culta galega
Xénero:
| 1 / 10 / 2003Son dúas iniciativas de orixe ben diferente pero que traballan nun mesmo campo: a recompilación da música culta galega. Por unha banda está Arte Tripharia, unha editorial madrileña pero con raigame fondamente galega que leva traballando nesta dirección desde hai 20 anos. E pola outra banda está a colección Ars Gallaeciae Musicae, unha serie que desde 1992 chega da man do IGAEM e está coordinada por Xoám Trillo.
O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín consolídase como centro neurálxico na divulgación do noso legado sonoro
Xénero:
| 24 / 9 / 2003No centro xeográfico de Galicia, en Lalín, existe un lugar único no que se concentra a investigación, o ensino e a práctica da nosa tradición musical. Desde 1999, o Conservatorio de Música Tradicional e Folque aplica as técnicas do ensino regrado á transmisión do noso legado sonoro e busca, xa non só o mantemento da tradición, senón a evolución da música de raíz galega.
A Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección do Festival de Outono coruñés
Xénero:
| 11 / 9 / 2003Con cincuenta anos ás súas costas, o Festival de Ópera da Coruña inicia mañá a temporada musical do outono. Será a obra de Verdi, Rigoletto, a que se encargue de iniciar un festival que chega con dúas novidades con respecto á edición do ano pasado: a Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección dun evento que non contará coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
Música en Compostela chega á súa edición número corenta e seis convertido nun referente internacional
Xénero:
| 21 / 8 / 2003Cento dez alumnos de once países diferentes. Todos eles cuns currículos musicais do melloriño andan desde o pasado once de agosto polas rúas de Compostela. Todos eles coa intención de aprender música española. E de amosarnos o que saben. Concertos do máis variado enchen diferentes espacios da cidade e mesmo se desprazan a outras localidades. É a XLVI edición do curso Música en Compostela.