Ir ao contido directamente.


Noticias

O contorno e a lingua galega recóllense nos vilancicos e panxoliñas desde o século XVIII

Xénero: Antiga | 23 / 12 / 2003

imaxe non dispoñible

Na liturxia, nas escenificacións e na rúa todos os anos desde o 24 de decembro até o día de reis cántanse vilancicos e panxoliñas. Non son exactamente a mesma cousa xa que o vilancico ten unha orixe litúrxica e a panxoliña é máis oral. Desde o seu emprego en Mondoñedo no século XVIII foron introducindo no mundo relixioso cantares que recollían características do contorno galego precisamente nunha etapa escura e difícil. Son vilancicos de galego e en galego.

A cantante lucense Lucía Pérez fíxose co disco de ouro galego polo seu traballo “Amores e amores”

Xénero: Melódica | 18 / 11 / 2003

not_3675.jpg

“Amores e amores” é o segundo disco de ouro galego. Con 4.000 copias vendidas a cantante de O Incio Lucía Pérez superou co seu primeiro traballo as 2.500 copias que se puxeron como tope para conceder este galardón. O I disco de ouro galego fora para o grupo coruñés Amizades. A artista lucense saltou á fama logo de gañar a primeira edición do concurso “Cantareira de cantareiros” do programa Luar de Televisión de Galicia.

Máis información sobre o disco no web de Zouma Récords e Galicia Hoxe

O grupo vigués “Los piratas” gravan un disco para repasar a súa traxectoria musical

Xénero: Pop | 24 / 10 / 2003

not_3566.jpg

Doce anos e seis discos. É a historia do grupo vigués “Los Piratas”. Saltaron á fama cando a súa canción "Mi matadero clandestino"(do álbum Poligamia) foi escollida para a banda sonora de "Batman & Robin" e desde entón viñeron traballos como “Manual para los fieis”, “Ultrasónica” ou “Relax”. Esta noite, na sala madrileña de “La Riviera” queren repasar a súa traxectoria desde 1991 gravando un disco en directo. O álbum sairá á venda a principios do 2004.

Máis información na edición de hoxe de "Galicia Hoxe"

A maior parte dos grupos galegos que cantan en inglés considéranse cultura galega

Xénero: Rock | 16 / 10 / 2003

imaxe non dispoñible

“The past to come”, “Pocket Monsters”, “If things were to go wrong”, “Things I Wanted”. “Arguments”... son, aínda que non o pareza, os títulos dos últimos traballos de músicos galegos. É música alternativa, independente. Cada grupo, por motivos diferentes, optou por expresarse musicalmente noutro idioma (maioritariamente en inglés). Pero non por iso eles deixan de considerarse cultura galega.

A editorial privada Arte Tripharia e o IGAEM realizan sendos Corpus da música culta galega

Xénero: Antiga | 1 / 10 / 2003

imaxe non dispoñible

Son dúas iniciativas de orixe ben diferente pero que traballan nun mesmo campo: a recompilación da música culta galega. Por unha banda está Arte Tripharia, unha editorial madrileña pero con raigame fondamente galega que leva traballando nesta dirección desde hai 20 anos. E pola outra banda está a colección Ars Gallaeciae Musicae, unha serie que desde 1992 chega da man do IGAEM e está coordinada por Xoám Trillo.

O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín consolídase como centro neurálxico na divulgación do noso legado sonoro

Xénero: Clásica/Lírica | 24 / 9 / 2003

imaxe non dispoñible

No centro xeográfico de Galicia, en Lalín, existe un lugar único no que se concentra a investigación, o ensino e a práctica da nosa tradición musical. Desde 1999, o Conservatorio de Música Tradicional e Folque aplica as técnicas do ensino regrado á transmisión do noso legado sonoro e busca, xa non só o mantemento da tradición, senón a evolución da música de raíz galega.

A Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección do Festival de Outono coruñés

Xénero: Clásica/Lírica | 11 / 9 / 2003

imaxe non dispoñible

Con cincuenta anos ás súas costas, o Festival de Ópera da Coruña inicia mañá a temporada musical do outono. Será a obra de Verdi, Rigoletto, a que se encargue de iniciar un festival que chega con dúas novidades con respecto á edición do ano pasado: a Asociación de Amigos da Ópera volve asumir a dirección dun evento que non contará coa Orquestra Sinfónica de Galicia.

Música en Compostela chega á súa edición número corenta e seis convertido nun referente internacional

Xénero: Clásica/Lírica | 21 / 8 / 2003

imaxe non dispoñible

Cento dez alumnos de once países diferentes. Todos eles cuns currículos musicais do melloriño andan desde o pasado once de agosto polas rúas de Compostela. Todos eles coa intención de aprender música española. E de amosarnos o que saben. Concertos do máis variado enchen diferentes espacios da cidade e mesmo se desprazan a outras localidades. É a XLVI edición do curso Música en Compostela.

Compostela acolle o seu primeiro festival de Jazz na Praza da Quintana

Xénero: Jazz/Blues | 13 / 8 / 2003

imaxe non dispoñible

Rock, música clásica, folclore das máis diversas rexións do mundo, pop... A oferta musical que se pode atopar calquera verán en Compostela adoita ser variada. Sen embargo, sempre quedan ocos por encher, e é con esta vocación coa que nace este ano o I Festival de Jazz de Compostela, que fará resoar as pedras da Quíntana con novos sons.

O Festival de Pardiñas chega á súa vixésimo cuarta edición coma un referente para a música tradicional galega

Xénero: Folk | 5 / 8 / 2003

imaxe non dispoñible

Os días dous e tres de agosto do 2003 o Festival de Pardiñas cumpría vintecatro edicións. Sen conseguir nunca asistencias masivas e sen contar cuns carteis inzados de estrelas internacionais (que tamén as houbo), a Asociación Xermolos de Guitiriz conseguiu, non sen dificultades, crear un espacio para o encontro de músicos, afeccionados e artesáns de todo o país.

<< Inicio / Anterior . 3391 a 3400 de 3425 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR