Ir ao contido directamente.


Noticias

As tradicións dos cantares de reis e das rondallas mantéñense e recupéranse como un xeito de celebrar as festas con música

Xénero: Folk | 4 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

Grupos de mozos a cantar polas portas agardando recibir unha lambetada, comida ou algún outro agasallo. Actualmente esta escena lémbranos, máis do que a calquera outra cousa á celebración do Halloween anglosaxón. Porén, era esta unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal, Aninovo e Reis hai non moitos anos. A pesar do risco de extinción no que se encontra este costume existen iniciativas para o seu mantemento e recuperación, por exemplo na forma de xugadas ou na de rondallas.

Fene acolle a quinta edición do Felipop, o primeiro festival de música independente de 2006

Xénero: Pop | 3 / 1 / 2006

imaxe non dispoñible

Desde xoves e ata sábado, os amantes da escena independente teñen a primeira cita do ano. Fene acolle por quinta ocasión o Felipop de inverno, un festival en datas atípicas que organiza a asociación Felicia e que desta volta achegará a esta zona o cantautor inglés Colin Hare, Bang 74, Los Huéspedes Felices e mais Andi Morten. As actuacións repartiranse entre locais de Fene e de Ferrol.

Máis información en La Voz de Galicia; eno web do festival

O primeiro disco de Xoel López en español elixido entre os mellores pola revista Rolling Stone

Xénero: Pop | 30 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Hai uns días anunciabamos que Mercedes Peón, Luz Casal, Iván Ferreiro e Los Suaves eran os galegos que figuraban na escolma anual que a Fundación Autor, dependente da SGAE, fai da música editada no 2005. A esa listaxe hai que engadirlle a que publica a revista Rolling Stone que situaba o primeiro disco en español de Xoel López, “Os novos morren antes de tempo”, entre os mellores do ano. Ademais, a revista no “top ten” ao vigués Iván Ferreiro coas súas “Cancións para o amor e a distancia”.

Máis información en La Voz de Galicia e na nosa nova sobre a Fundación Autor

As discográficas ultiman os lanzamentos para a campaña de Nadal

Xénero: Miscelánea | 13 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Estamos en plena campaña de Nadal e se non sabes que regalar, aquí che presentamos unha escolma das novidades que as discográficas galegas preparan para esta temporada. Desde as zarzuelas da Coral Casablanca ata o metal de Talesien, pasando por pop e folck. Música para todos os gustos.

Unha xira organizada pola SGAE levará a cinco cidades dous grupos emerxentes de jazz galego

Xénero: Jazz/Blues | 5 / 12 / 2005

imaxe non dispoñible

Carlos Averhoff Jr. Cuarteto e S.O.S. Trío foron os grupos seleccionados pola Fundación Autor e mais a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) para participar na xira Concerto Autor Jazz Galicia. Este evento, que coordina a Asociación Galega de Músicos de Jazz, levará os dous grupos de xira por cinco cidades galegas, comezando o vindeiro martes día trece no pub Dado-Dadá en Compostela.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Xoel López e Iván Ferreiro voltan á casa logo de participar no Laboratorio Ñ

Xénero: Pop | 23 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

As conexións internacionais da música son ben curiosas. Por unha banda Xoel López e Iván Ferreiro veñen de pechar a súa participación no Laboratorio Ñ, un proxecto de convivencia entre músicos en castelán do Estado Español e mais de Arxentina. Os galegos compuxeron cadanseu tema neste evento, que ficará recollido nun DVD feito polo grupo Voz Audiovisual. E de Arxentina ao Canadá. Un grupo de música tradicional inuit ou esquimó acaba de gravar en dous estudos pontevedreses o seu último traballo. O contacto con Juan Hernández, membro do grupo Laio, nun festival de novas músicas, favoreceu este curioso encontro.

Máis información en La Voz de Galicia sobre o Laboratorio Ñ; sobre a gravación en Pontevedra

Mutenrohi e Luvas Verdes presentan novos discos mentres o Xabarín anuncia a súa vindeira escolma de grupos

Xénero: Folk | 21 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

A banda de folk Mutenrohi cumpre dez anos e publica “... e van dez”, un álbum que, ademais de varios dos temas máis coñecidos do grupo, inclúe un DVD no que se pode ver unha actuación en directo. Tamén pola banda folk, o cuarteto tradicional Luvas Verdes debuta con “Fandango desesperado” no campo discográfico. Virándonos cara ao rock, chéganos a nova de que para o Nadal publicarase un novo álbum do Xabarín Club. Ademais do tema “Os colegas de Xabarín”, con letra de Manuel Romón e Julián Hernández, barállanse para o álbum colaboracións coma as de Iván Ferreiro, Xoel Gómez ou Lamatumbá, segundo asegura “El Correo Gallego”.

Máis información sobre o disco de Mutenrohi e o de Luvas Verdes en La Opinión; o novo álbum do Xabarín en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

O compositor Octavio Vázquez estrea a súa nova obra mentres o pianista David Garrido actúa en Ourense

Xénero: Clásica/Lírica | 18 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

Dous dos nomes mais internacionais da nosa música clásica coinciden hoxe no país. Por unha banda a Orquestra Sinfónica de Galicia estrea esta noite “Styx”, a nova obra do compositor Octavio Vázquez. Pola súa banda, o pianista David Garrido interpretará esta noite no Liceo ourensán pezas clásicas de Mozart, Beethoven ou Liszt entre outros. Esta é a primeira vez que o intérprete actúa neste escenario desde 1996, logo de ter visitado países coma Estados Unidos ou Venezuela.

Máis información en La Voz de Galicia e na edición de hoxe de La Región

Santiago e Lugo acollen esta semana unha nova edición dos seus festivais de Jazz

Xénero: Jazz/Blues | 14 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

Esta noite comeza en Lugo a XV edición dun dos seus festivais máis clásicos, o de jazz. Unha cita que organiza a Asociación Escobijazz que este ano ofrece un programa no que están Mike Stern e Horacio Hernández, “O negro”. As xornadas prolónganse ata o sábado 19, un día despois de que comece o II Compos Jazz Festival, a cita coa música da capital de Galicia. Organizado pola concellaría de Cultura, a Fundación Caixa Galicia e o Dado Dadá, os músicos galegos compartirán espazo co saxofonista Le Konitz, K Santandreu Cuarteto, Telmo Fernández Cuarteto e Bill Bruford’s.

Máis información sobre o Festival de Lugo, e en Compostelacultura.org sobre o Compos Jazz Festival

Santiago e A Coruña acollen respectivos festivais de música

Xénero: Hip-Hop | 4 / 11 / 2005

imaxe non dispoñible

Se che gusta o hip hop tes unha cita en Santiago. No Multiusos do Sar ten lugar a terceira edición do Microfest que achega as diferentes variantes do hip hop, desde os son máis duros e combativos ata o reggae. Pero se o que che gusta é o jazz o teu lugar é A Coruña, xa que no Fórum metropolitano comeza hoxe o “Iberojazz 2005”. Un evento que achega a música que fan dous grupos cataláns e un galego e cuxos concertos terán lugar tamén en Vigo e Ourense.

Máis información sobre Iberojazz no web do Concello da Coruña e sobre o Microfest no seu web

<< Inicio / Anterior . 3381 a 3390 de 3492 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR