Ir ao contido directamente.


Noticias

A Real Filharmonía ofrecerá unha versión de “Negra sombra” en cinco concertos en Brasil e Arxentina

Xénero: Clásica/Lírica | 8 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

Será unha xira curta porque só ofrecerán cinco concertos, pero é a primeira que fai a Real Filharmonía de Galicia por América. Comezará na cidade brasileira de São Paulo, seguirá en Rosario e rematará en Bos Aires (Arxentina) e ofrecerá varios programas nos que xunto coas pezas de Falla ou Beethoven interpretarán a “Negra sombra” arranxada para cordas por Maximino Zumalave e Ánxel Brage.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre a Filharmonía na nosa hemeroteca

O músico coruñés Dj. Ino retoma as xornadas de arte e música electrónica da Fundación Seoane

Xénero: Electrónica | 6 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

“Lets Dance” é o nome da xornada de música electrónica que o músico coruñés Dj. Ino presentará mañá na Coruña. Con el retómanse as “Block Party”, ou o que é o mesmo, as xornadas de arte e música electrónica que dirixe o artista Juan Martínez de la Colina e que é unha pequena parte do programa chamado Seoane Sessións.

Máis información no web da Fundación Seoane e Galicia Hoxe

A coñecida cantiga "A rianxeira" contará cun museo propio na localidade que lle dá nome

Xénero: Folk | 4 / 9 / 2006

imaxe non dispoñible

O Concello de Rianxo quere homenaxear a composición musical que máis publicidade lle fai. A cantiga "A rianxeira" contará en breve cun museo dedicado exclusivamente a ela. A corporación local realizaba onte este anuncio, cando van facerse sesenta anos da composición da peza por Xesús Frieiro Dourado e mais Anxo Romero Lojo. A intención é que no museo se amose a partitura orixinal da obra, canda a unhas cincuenta versións da canción e mais diferentes documentos.

Máis información en La Voz de Galicia

Rosa Aneiros, Daniel Bellón e Xerardo Neira reciben estes días varios premios

Xénero: Folk | 1 / 9 / 2006

not_8463.jpg

Setembro chega con moitos premios. Comezamos en Ferrol, onde o mozo Daniel Bellón fíxose coa déximosexta edición do premio de solistas de gaitas Constantino Bellón. Un premio dotado con 1.800 euros e que o gaiteiro gaña por terceira vez consecutiva. De Ferrol imos ao Valadouro, onde o concello fallou onte o certame de novela. O gañador, que recollerá o premio dotado con 1.000 euros o vindeiro día 7, foi o biólogo Xerardo Neira pola súa obra “Da Terra de Deus”. En Palas de Rei entrégase mañá o premio literario Monte Careón que recaeu na escritora Rosa Aneiros.

Máis información sobre o Daniel Vellón en La Voz de Galicia e o de Xerardo Neira en Galicia Hoxe

Musicoloxía e jazz son as novas especialidades que se poden estudar nos conservatorios superiores de Galicia

Xénero: Jazz/Blues | 28 / 8 / 2006

not_8443.jpg

A piques de iniciarse o novo curso escolar, a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria anuncia as novas especialidades musicais que se poderán estudar este ano. O Conservatorio Superior de Vigo impartira a especialidade de musicoloxía, mentres que o da Coruña ofrecerá a de jazz. A disciplina viguesa non existía en Galicia, aínda que tamén se pode impartir nas universidades dentro das seccións de Historia da Arte, mentres que o conservatorio da Coruña impartía desde hai anos a materia de jazz, aínda que agora será unha especialidade que poderán cursar un máximo de 31 alumnos.

Mais información en La Opinión e no Faro de Vigo

O folk volve ser o xénero máis programado en Galicia despois do baixón do 2004

Xénero: Folk | 28 / 8 / 2006

not_8442.jpg

Os datos do último anuario da SGAE, que analiza a actividade cultural do 2005, recolle a recuperación do folk no noso país. Segundo estes datos, música tradicional recupérase do baixón acontecido no 2004 (cuxos datos se recolleron no anterior anuario) e encabeza cun 19’2% a porcentaxe da música que programa no país. Séguelle o jazz cun 12.7% e, de lonxe, o pop-rock (31.5%) que é o xénero estrela no resto do Estado. Ademais, o anuario da SGAE revela outro dato máis, que o macroconcerto folk por excelencia, o Festival de Ortigueira, é o evento con maior afluencia en todo o Estado.

Máis información na edición de hoxe de La Voz de Galicia e no web da SGAE

Abe Rábade únese a Ugía Pedreira e Guadi Galego nun proxecto sobre cantigas mariñeiras

Xénero: Miscelánea | 25 / 8 / 2006

not_8440.jpg

Baixo o nome común de Nordestinas únense as cantantes Ugía Pedreira –Marful- e Guadi Galego – Berrogüetto co músico de Jazz Abe Rábade para recrear o cancioneiro mariñeiro de Galicia. Cun repertorio elixido polas dúas cantantes e con arranxos de Rábade o proxecto cristalizará nun concerto a celebrar o vindeiro 2 de setembro no Teatro Principal de Santiago. O recital recollerase como gravación e será posteriormente editado en CD e en DVD, xa que as imaxes tamén se gravarán.

Máis información en La Voz de Galicia

Cangas abre un local para actividades culturais e musicais

Xénero: Miscelánea | 23 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Salasón (Rúa Lirio, 30) non é só o novo local de Cangas, é unha cafetería, un lugar de concertos, un punto de encontro cultural.... É un proxecto coa música como telón de fondo que non deixará indiferente e que chega cargado de boas intencións.

Iván Ferreiro anuncia a inminente saída do seu segundo disco en solitario

Xénero: Pop | 21 / 8 / 2006 + VIDEO + VINCULO

not_8426.jpg

Será en setembro cando o novo disco de Iván Piñeiro saia á rúa. O músico vigués adiantou o nome do álbum “Siete y medio”durante a súa participación no Festival de Música Independiente Sonorama, en Aranda de Duero. O disco inclúe composicións súas e do seu irmán, Amaro, que foron creando durante a xira do pasado ano por Arxentina. Iván Ferreiro describiu o seu novo traballo como “unha baixada aos infernos”. Despois de “Canciones para el olvido y la distancia” este será o segundo traballo en solitario de Iván Piñeiro tras da disolución de Los Piratas.

A produción é unha das fases máis lentas e custosas no proceso de organización do festival

Xénero: Miscelánea | 21 / 8 / 2006

imaxe non dispoñible

Festa do Esquecemento, Romaría Vikinga, On&Off, Curtocircuíto, Revoltallo, Xociviga... son os nomes dalgúns dos festivais que podemos ver estes días en Galicia. Eventos que duran de tres días a un mes pero que levan por detrás moito traballo de organización e xestión que se iniciou incluso con anos de antelación. Levantamos o pano para ver como profesionais e afeccionados se encargan de facer que non pare a festa.

<< Inicio / Anterior . 3331 a 3340 de 3519 . Seguinte \ Fin >>

BUSCADOR